Archivo (4 del 2020)

Buscador

Noticias

A poboación de Galicia medrou no ano 2019 ata os 2.700.269 habitantes, o que supón o primeiro incremento de poboación que se rexistra na comunidade autónoma nos últimos dez anos, segundo os datos provisionais do Padrón Continuo publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE). A poboación de Galicia a 1 de xaneiro de 2020 situouse en 2.700.269 habitantes, un aumento de 770 persoas respecto á mesma data de 2019. Con este crecemento, Galicia volve superar a barreira dos 2,7 millóns de habitantes. Os datos mostran un crecemento da poboación estranxeira inscrita no padrón galego, que aumentou en 11.154 persoas, ata situarse nos 112.022 habitantes. Unha vez publicados estes datos provisionais polo INE, o Instituto Galego de Estatística (IGE) vainos incorporar á súa base de datos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.296, deles 1.408 son da área da Coruña, 605 da de Lugo, 1.243 da de Ourense, 508 da de Pontevedra, 1.142 da área de Vigo, 1.046 da de Santiago, e 344 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 108 permanecen en UCI, 601 están en unidades de hospitalización e 5.587 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.548 altas de pacientes e 455 falecementos. O número de PCR realizadas é de 67.639.
A Xunta porá en marcha un grupo de expertos multidisciplinar co obxectivo de adaptar o Xacobeo 2021 á saída da crise sanitaria provocada polo Covid-19. Avanzouno hoxe o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, tras manter un encontro con representantes de asociacións de amigos do Camiño de ámbito estatal, unha xuntanza que se enmarca na rolda de contactos iniciada nas últimas semanas con diferentes colectivos para abordar a situación actual. Este grupo de traballo contará cunha ampla presencia de representantes de todos os colectivos implicados no feito Xacobeo, como as propias asociacións de amigos do Camiño, a Igrexa ou a administración local, ademais de expertos do ámbito económico, cultural e turístico da Comunidade, entre outros.
As bibliotecas públicas de Galicia celebran o Día do Libro cun amplo abano de actividades online abertas a toda a cidadanía co obxectivo de fomentar a lectura entre a sociedade e seguir dando ao libro todo o protagonismo que merece, con especial énfase neste contexto de confinamento. Entre as accións que se levan a cabo figuran concursos en redes sociais, exposicións virtuais, publicación de catálogos ou recomendacións por parte do persoal das mesmas. Unha das principais actividades na que todos os anos toman parte os museos públicos é a do bookcrossing, unha iniciativa conxunta con bibliotecas de museos e centros de arte de toda España que consiste en deixar libros en lugares públicos para que os recollan outros lectores.
O tráfico nas vías de altas prestacións de titularidade autonómica descendeu de media un 74% durante o estado de alarma, tal e como se desprende da análise de circulación entre o sábado 14 de marzo e o mércores 15 de abril en comparación co período equivalente de 2019. O descenso máis acentuado protagonízano os vehículos lixeiros, que caeron de media un 77%, mentres que a redución de vehículos pesados é do 39%. A intensidade media diaria foi de 2.724 coches, en comparación cos 10.617 rexistrados en 2019. Nas xornadas laborais deste intervalo a intensidade media diaria de tráfico acada os 3.276 vehículos, fronte aos 11.055 rexistrados nos mesmos días do ano anterior.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.147, deles 1.382 son da área da Coruña, 594 da de Lugo, 1.200 da de Ourense, 507 da de Pontevedra, 1.089 da área de Vigo, 1.030 da de Santiago, e 345 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 115 permanecen en UCI, 598 están en unidades de hospitalización e 5.434 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.507 altas de pacientes e 430 falecementos. O número de PCR realizadas é de 60.258.
Os gobernos autonómicos das comunidades da España Verde acordaron reorientar as accións desta marca turística do norte peninsular ao mercado nacional tras a crise do COVID-19, nunha videoconferencia entre as directoras e viceconselleiras de Turismo de Asturias, Cantabria, Euskadi e Galicia. A xuntanza permitiu analizar o impacto da actual crise nos seus territorios e artellar posibles vías de colaboración. Na reunión abordáronse as diferentes medidas adoptadas polas catro comunidades autónomas en colaboración co sector e se puxo de manifesto a oportunidade que ofrece a España Verde á franxa do norte peninsular para traballar xuntos e axudar a impulsar ao sector na saída do confinamento.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.142, deles 1.371 son da área da Coruña, 591 da de Lugo, 1.207 da de Ourense, 505 da de Pontevedra, 1.095 da área de Vigo, 1.030 da de Santiago, e 343 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 117 permanecen en UCI, 642 están en unidades de hospitalización e 5.383 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.456 altas de pacientes e 415 falecementos. O número de PCR realizadas é de 57.400.
Alberto Núñez Feijóo confirmou que Galicia iniciará a finais de abril o estudo epidemiolóxico sobre o COVID-19 que contará cun total de 100.000 test e destacou que se trata da mostra epidemiolóxica máis grande que se fixo no Sergas. Así mesmo, precisou que o obxectivo deste estudo será o de coñecer cal é a situación e o desenvolvemento da pandemia “cunha mostra moi importante da poboación galega”. Na última semana de abril se realizará unha primeira onda da mostraxe con 50.925 persoas; e 4 semanas despois recolleranse novas mostras a outras 50.925 persoas. O Instituto Galego de Estatística será o que determine o tamaño da mostra necesaria para que os resultados sexan representativos.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, e o de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantiveron hoxe unha videoconferencia cos representantes do Clúster Turismo de Galicia, encabezado polo seu presidente, para avaliar as necesidades do sector como consecuencia da crise sanitaria do coronavirus. Trátase dun encontro enmarcado na rolda de contactos posta en marcha pola Xunta para avanzar de xeito conxunto no deseño de medidas, coñecendo de primeira man as súas achegas. No transcurso desta xuntanza avaliáronse as principais demandas do sector, tendo en conta que o escenario de saída do estado de alarma, que deberán concretar as autoridades sanitarias, poderá condicionar a súa actividade.
« Anterior | 4  de  8 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES