Noticias

Galicia iniciará a finais de mes o estudo epidemiolóxico sobre o COVID-19 que contará cun total de 100.000 test

Alberto Núñez Feijóo confirmou que Galicia iniciará a finais de abril o estudo epidemiolóxico sobre o COVID-19 que contará cun total de 100.000 test e destacou que se trata da mostra epidemiolóxica máis grande que se fixo no Sergas. Así mesmo, precisou que o obxectivo deste estudo será o de coñecer cal é a situación e o desenvolvemento da pandemia “cunha mostra moi importante da poboación galega”. Na última semana de abril se realizará unha primeira onda da mostraxe con 50.925 persoas; e 4 semanas despois recolleranse novas mostras a outras 50.925 persoas. O Instituto Galego de Estatística será o que determine o tamaño da mostra necesaria para que os resultados sexan representativos.

Nesta liña, e a modo de exemplo, destacou as mostras que se levarán a cabo en cada unha das 7 grandes cidades galegas: en Ferrol realizaranse 2.600 mostras, na Coruña 5.800, en Santiago 2.750, en Lugo 2.750, en Ourense 3.400, en Pontevedra 2.700 e en Vigo 6.800.

Cómpre salientar que a poboación obxecto de investigación serán as persoas con tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde e, entre todas elas, elixirase aleatoriamente aos participantes no estudo diferenciados por sexo, idade, grandes concellos e áreas territoriais. O Sergas encargarase da realización dos test e da recollida de información e o Instituto Galego de Estatística enviará o listado de persoas seleccionadas a cada área sanitaria.

No tocante á loxística, o titular da Xunta resaltou que cada centro de saúde terá asignada unha poboación concreta para estudar coa que contactará telefonicamente. Ás persoas que entren no estudo daráselles unha cita para que acudan ao seu centro de saúde para tomarlles a mostra mediante unha punción capilar; e, entre 15 e 20 minutos despois xa se coñecerá o resultado. O titular do Goberno galego salientou que o estudo é “completamente voluntario”. E, no caso de dar positivo, realizarase unha proba PCR para confirmalo e seguirase o criterio clínico.

Logo de subliñar que esta mostra de 100.000 persoas é compatible coa que faga o Goberno central, Feijóo incidiu en que o estudo servirá para saber cal é a situación do virus na nosa Comunidade e poder así tomar decisións tanto no ámbito económico como no social. Non en van, o estudo dará información útil para planificar medidas de normalización e tamén ter información para estar preparados ante posibles rebrotes.

O presidente da Xunta aseverou que é preciso “non baixar a garda” e subliñou que para iso será fundamental tanto o estudo epidemiolóxico como a responsabilidade dos cidadáns.

Nova contratación de material de protección e de test

Durante a rolda de prensa, Feijóo referiuse tamén a aprobación dun investimento de 3,4 millóns de euros para a contratación, polo trámite de emerxencia, de diversos materiais de protección destinados a profesionais e pacientes, así como test de detección do virus.

En concreto, o investimento supón unha compra de, entre outros: unhas 700.000 máscaras (entre cirúrxicas e respiratorias), uns 80.000 litros de desinfectante (entre o de mans e o de superficies) e 66.500 test rápidos de dobre banda.

Sobre isto último o presidente destacou que “seguimos abastecéndonos de test porque o noso obxectivo segue sendo facer o maior número de test”. E destacou como grupos prioritarios ás persoas que están en contacto cos pacientes (xa sexa nos servizos de urxencias, como nas plantas hospitalarias e na UCI) e tamén ás persoas que están en contacto con positivos nas residencias da terceira idade e nos centros de discapacidade. Feijóo finalizou destacando que esta é xa a cuarta compra de materiais considerados imprescindibles, así como test de detección.

R., 2020-04-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Así o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos países e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.

Notas

A iTERRA Night 2026 achegará o 25 de setembro a investigación que se realiza dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible do Campus Terra da USC á cidadanía a través dunha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para diferentes idades. A iniciativa desenvólvese no soto da Praza de Abastos lucense como evento asociado á European Researchers’ Night, unha iniciativa das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA).
Os laboratorios do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), pertencente á Rede Cigus, volveron converterse nun espazo aberto á cidadanía coa celebración dunha nova edición da súa xornada de portas abertas, unha iniciativa integrada no programa de divulgación científica Ciencia con C de CINBIO. Máis de 80 persoas de diferentes idades participaron nesta actividade, deseñada para achegar a investigación que se desenvolve no centro ao público dun xeito participativo e próximo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES