
O obxectivo desta iniciativa, puntualizou Román Rodríguez, será elaborar nunha folla de ruta que permita reorientar o Xacobeo 2021 para convertelo nun motor de reactivación económica que favoreza, así mesmo, a dinamización das zonas rurais, potenciando as industrias creativas e a recuperación do sector turístico.
O conselleiro destacou que a creación deste grupo de expertos permitirá avanzar nesta estratexia de xeito planificado e sen improvisación, contando coa colaboración dos distintos axentes implicados e evitando xerar incertezas nos sectores afectados.
Neste sentido, o titular de Cultura e Turismo solicitou a implicación por parte do Goberno central e reiterou a importancia de que atenda algunhas das demandas de Galicia neste eido, como a extensión a 2022 das desgravacións fiscais para o vindeiro Ano Santo co obxectivo de estimular as achegas privadas e captar máis recursos para o desenvolvemento de proxectos culturais e turísticos. Lembrou tamén a necesidade de convocar un Consejo Jacobeo extraordinario para avaliar a situación actual do Camiño de Santiago e analizar de xeito conxunto medidas para minimizar o impacto que esta crise está tendo nos territorios polos que transcorre a Ruta Xacobea.
Encontros a nivel galego, nacional e internacional
A xuntanza de hoxe da continuidade á rolda de contactos iniciada polo titular de Cultura e Turismo cos colectivos vinculados ao feito Xacobeo. Hai uns días mantivo un encontro cos principais colectivos de amigos do Camiño a nivel galego, hoxe foi a quenda das asociacións de ámbito estatal e está previsto que en próximas datas manteña un encontro con algunhas das agrupacións máis destacadas no eido internacional.
Na xuntanza de hoxe participaron representantes da Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago, da Federación Galega de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, da Federación Andaluza de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago, da Agrupación de Asociaciones de Amigos del Camino Norte de Santiago, da Federación de Asociaciónes de Amigos del Camino de Santiago de Levante Sureste, da Asociación de Amigos del Camino de Santiago. Vía de la Plata. Fuenterroble de Salvatierra e da Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Madrid.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.