Archivo (4 del 2020)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.824, deles 1.629 son da área da Coruña, 662 da de Lugo, 1.299 da de Ourense, 568 da de Pontevedra, 1.211 da área de Vigo, 1.055 da de Santiago, e 400 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 90 permanecen en UCI, 495 están en unidades de hospitalización e 6.239 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.783 altas de pacientes e 509 falecementos. O número de PCR realizadas é de 82.993.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.704, deles 1.584 son da área da Coruña, 647 da de Lugo, 1.302 da de Ourense, 550 da de Pontevedra, 1.169 da área de Vigo, 1.065 da de Santiago, e 387 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 87 permanecen en UCI, 531 están en unidades de hospitalización e 6.086 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.730 altas de pacientes e 498 falecementos. O número de PCR realizadas é de 78.822.
Esta mañá tivo lugar unha xuntanza da Comisión central de seguridade e saúde na que participaron responsables do Servizo Galego de Saúde e representantes sindicais para informar de diversos temas relacionados coa seguridade dos profesionais sanitarios na pandemia do Covid-19. Así, destacouse o aumento nos reforzos de persoal, máis de 1.500, do Servizo Galego de Saúde para diminuir as cargas de traballo dos profesionais e reforzar o persoal en diversas áreas. Estes reforzos destináronse as áreas de urxencia, hospitalización e críticos; servizos de medicina preventiva e microbioloxía; e á creación de equipos hospitalarios de atención domiciliaria e covid-auto.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe tras a reunión do Consello que este domingo trasladará ao Goberno de España novas medidas que se poden empezar a levar a cabo na Comunidade, como a venda de produtos agrícolas e gandeiros en mercados municipais ao aire libre; abrir a rehabilitación en edificios; ou a práctica de deportes individuais, durante unha hora ao día, como poden ser ir a correr ou camiñar. Nesta mesma liña, expuxo tamén a posibilidade de contemplar a apertura doutros establecementos comerciais, tal e como xa fixeron noutros países, coas limitacións que sexan precisas, empezando polas pequenas superficies e limitando aforos ou con cita previa. Ademais da apertura da actividade en talleres e concesionarios, garantindo a seguridade.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo esta mañá unha reunión por videoconferencia con técnicos de Meteogalicia para analizar a incidencia do crise sanitaria do Covid-19 na calidade do aire de Galicia. Segundo os datos rexistrados pola estacións da rede de observación -que o Goberno galego ten operativas ao longo da xeografía galega- a calidade do aire en Galicia mellorou significativamente grazas ao descenso do tráfico nas cidades e vilas de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente indicou que, se ben a calidade do aire tanto nas zonas máis urbanas coma en zonas rurais de Galicia é boa, a limitación da mobilidade, e por tanto a ausencia de tráfico rodado, fai que a calidade do aire sexa mellor.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.637, deles 1.550 son da área da Coruña, 627 da de Lugo, 1.301 da de Ourense, 535 da de Pontevedra, 1.164 da área de Vigo, 1.078 da de Santiago, e 382 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 92 permanecen en UCI, 568 están en unidades de hospitalización e 5.977 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.676 altas de pacientes e 492 falecementos. O número de PCR realizadas é de 76.129.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta avalará ata 1.500 euros de anticipo aos traballadores cun ERTE autorizado e que aínda non cobraron as prestacións do Goberno central. Despois de que o Executivo galego leve semanas pedindo ao Goberno de España que axilice o pago das prestacións aos traballadores a cuxas empresas xa se lles aprobou o seu ERTE, Feijóo lembrou que na Comunidade hai máis de 200.000 traballadores afectados por un expediente de regulación temporal de emprego. “Hai miles de familias que aínda non cobraron e necesitan liquidez”, dixo, subliñando o acordo coas entidades financeiras para que os traballadores poidan solicitar un anticipo das súas prestacións de forma inmediata, de xeito que a Xunta avalará 1.500 euros por traballador, cun tope mensual de 750 euros.
O selo ‘Galega 100%’ naceu o 7 de febreiro de 2011 para identificar o leite galego de calidade diferenciada. O obxectivo é ofrecer un produto da maior calidade, en virtude dunha serie de controis dos servizos veterinarios oficiais da Xunta de Galicia, que vén garantido pola certificación de calidade do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL). Trátase, pois, dunha aposta pola valorización do leite producido en gandarías inscritas no Rexistro Galego de Explotacións de Calidade Diferenciada, algo que o sector demandaba desde hai tempo. No seu primeiro ano de andaina o selo ‘Galega 100%’ xa era unha referencia no mercado, grazas a participación de marcas comerciais de primeira liña, como Leyma, Feiraco, Larsa e Deleite, ás que se foron unindo outras empresas que se poden ver nesta ligazón.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.534, deles 1.485 son da área da Coruña, 614 da de Lugo, 1.301 da de Ourense, 520 da de Pontevedra, 1.166 da área de Vigo, 1.081 da de Santiago, e 367 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 96 permanecen en UCI, 585 están en unidades de hospitalización e 5.853 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.625 altas de pacientes e 475 falecementos. O número de PCR realizadas é de 72.858.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.416, deles 1.417 son da área da Coruña, 610 da de Lugo, 1.293 da de Ourense, 515 da de Pontevedra, 1.162 da área de Vigo, 1.063 da de Santiago, e 356 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 101 permanecen en UCI, 603 están en unidades de hospitalización e 5.712 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.588 altas de pacientes e 464 falecementos. O número de PCR realizadas é de 74.419.
« Anterior | 3  de  8 | Siguiente »

Archivo

2024 (189)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES