Archivo (4 del 2020)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.947, deles 1.667 son da área da Coruña, 675 da de Lugo, 1.325 da de Ourense, 576 da de Pontevedra, 1.236 da área de Vigo, 1.061 da de Santiago, e 407 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 73 permanecen en UCI, 495 están en unidades de hospitalización e 6.379 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.841 altas de pacientes e 540 falecementos. O número de PCR realizadas é de 90.000.
A Xunta acaba de pór en marcha unha campaña de comunicación e sensibilización para animar á cidadanía a consumir produtos agroalimentarios galegos durante a situación de emerxencia sanitaria por mor do coronavirus. A iniciativa, que foi presentada hoxe polo conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, enmárcase na rede Mercaproximidade, unha canle alternativa de comercialización concibida para dar saída aos produtos afectados polo peche da hostalaría e dos mercados municipais. A campaña está dirixida aos consumidores finais, para conciencialos da calidade dos produtos agroalimentarios galegos, e para facerlles ver que coa súa compra poden contribuír á viabilidade do sector.
A Xunta de Galicia analizará o impacto da actual crise sanitaria no Camiño en colaboración coa Universidade de Santiago a través dun estudo a cargo do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega). A súa diagnose da situación, sumado ás conclusións que se deriven do grupo de expertos avanzado a pasada semana, permitirá adaptar o Xacobeo 2021 ao escenario post Covid-19. Así o expuxo o conselleiro de Cultura e Turismo durante unha videoconferencia con asociacións de amigos do Camiño de Santiago de ámbito internacional, na que participaron a comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, e o director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, Isaías Calvo.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.891, deles 1.659 son da área da Coruña, 662 da de Lugo, 1.315 da de Ourense, 569 da de Pontevedra, 1.219 da área de Vigo, 1.067 da de Santiago, e 400 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 83 permanecen en UCI, 507 están en unidades de hospitalización e 6.301 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.816 altas de pacientes e 531 falecementos. O número de PCR realizadas é de 87.824.
O reitor Antonio López e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asinaron este luns, nun acto celebrado por videoconferencia, un convenio de colaboración entre a USC, a Consellaría de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, para a obtención de datos de xenotipado, actividades científicas e de investigación entre outras, no ámbito da Medicina Xenómica. Para este convenio, a Consellaría de Sanidade destinará un importe total de 669.962 euros. Esta cantidade asegura a cobertura financeira do programa ata 2022. Con este convenio preténdese materializar e regular a colaboración entre a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e a Universidade de Santiago de Compostela, que conta cun nodo do Centro Nacional de Xenotipado (CeGen-USC).
O comité de expertos económicos de Galicia propón unha vintena de medidas para conter os efectos da crise do coronavirus, medidas que consisten en facilitar liquidez, a través dun adiamento de impostos, anticipos bancarios e créditos a empresas. Así se acordou hoxe nunha reunión por videoconferencia deste comité, na que tamén estivo presente o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. A criterio deste órgano, a orientación das medidas debe ter en consideración o impacto que están a ter os instrumentos de distinta natureza que están utilizando as principais economías europeas. Por iso, as medidas en España deben ir en liña coas que se están a tomar no ámbito da UE, para non afectar á competitividade da nosa estrutura empresarial.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.856, deles 1.644 son da área da Coruña, 662 da de Lugo, 1.307 da de Ourense, 568 da de Pontevedra, 1.211 da área de Vigo, 1.061 da de Santiago, e 403 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 85 permanecen en UCI, 490 están en unidades de hospitalización e 6.281 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.803 altas de pacientes e 519 falecementos. O número de PCR realizadas é de 85.690.
O presidente do Goberno galego avogou hoxe, durante a videoconferencia co Goberno central e cos outros presidentes autonómicos, por un modelo de desescalada baseado no mando único e cunha aplicación de acordo ás especificidades dos distintos territorios. “Plantexei que no Consello de Ministros se inclúa unha cláusula de salvagarda territorial para que as comunidades poidan decidir con certa flexibilidade –previa comunicación ao Goberno– a apertura dos sectores económicos de acordo coa nosa propia situación sanitaria e xeográfica”, explicou, incidindo en que para iso é necesario, ademais dun traballo conxunto, coñecer canto antes todos os datos dos que dispón o Executivo central, o horizonte que propón e a metodoloxía que se pretende.
Esta semana a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Amtega comezaron o reparto dun novo lote de 1.750 equipos con conexión de balde a internet entre as familias con menos recursos que teñen escolarizados aos seus fillos en centros públicos. Con este novo envío -que se engade aos 1.000 kits informáticos xa distribuídos polos centros escolares nos días pasados- elévase a 2.750 o número total de equipos para asegurar a conectividade ao alumnado que presenta maiores dificultades no acceso ao ensino en liña. A medida vai dirixida ao alumnado de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, que recibirá os equipos en préstamo.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda realizará unha completa enquisa aos preto de 200 concellos adheridos en Galicia ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía co fin de coñecer os traballos que teñen realizado ata o momento, a situación particular de cada municipio e os posibles atrancos que están a atopar para avanzar nos compromisos que asumiron ao adherirse ao maior movemento mundial que busca sinerxías entre administracións fronte ao cambio climático. A enquisa telemática estará dispoñible na web pactodosalcaldes.gal, que se puxo en marcha o verán pasado co fin de dinamizar e canalizar todas as accións promovidas entre os concellos adheridos.
« Anterior | 2  de  8 | Siguiente »

Archivo

2024 (177)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES