
Na súa intervención, o conselleiro agradeceulles o enorme interese demostrado nas últimas semanas pola realidade xacobea e que manteñan vivo nos seus territorios o espírito da peregrinación. Os colectivos participantes proceden dunha quincena de países dos cinco continentes.
Román Rodríguez quixo coñecer as súas achegas, como xa fixera nas últimas semanas coas asociacións de ámbito galego e estatal, co fin de telas en conta e incorporalas ás medidas necesarias para a volta á normalidade da Ruta Xacobea. Estas ideas serán tamén compartidas co Goberno e co resto de comunidades autónomas no marco do Consejo Jacobeo que se celebrará o próximo luns. A este respecto, o conselleiro agradeceu que se atendera a petición de Galicia, que solicitou a convocatoria extraordinaria deste órgano co fin de poder traballar de maneira conxunta coas autonomías polas que discorre o Camiño.
O interese polo Camiño segue latente en milleiros de peregrinos, subliñou o conselleiro, quen destacou a responsabilidade de traballar xuntos para facer do Xacobeo 2021 un elemento de reactivación nos sectores turístico e cultural e, por extensión, no resto da economía dos lugares que atravesa, na maior parte dos casos do ámbito rural.
Desgravacións fiscais ata 2022
Neste mesmo marco, Román Rodríguez solicitou a implicación por parte do Goberno central nesta celebración e reiterou a importancia de que se atendan demandas como a extensión das desgravacións fiscais ata o ano 2022 co obxectivo de estimular as achegas privadas e captar máis recursos para o desenvolvemento de proxectos culturais e turísticos.
Tal e como explicou o titular de Cultura e Turismo da Xunta, o estudo en colaboración coa USC súmase ao grupo de expertos multidisciplinar, composto por unha ampla presencia de representantes de todos os colectivos implicados, como as propias asociacións de amigos do Camiño, a Igrexa ou a administración local, ademais de especialistas do eido económico e profesionais dos sectores cultural e turístico da Comunidade, entre outros. Tamén estes colectivos xacobeos internacionais formarán parte deste grupo, en concreto a través da representante en España de American Pilgrims on the Camino.
Asociacións representadas
No encontro de hoxe participaron representantes da Confraternity of Saint James de Londres, a American Pilgrims on the Camino, a Australian Friends of the Camino, a Canadian Company of Pilgrims, a Nederlands Genootschap van Saint Jacob, a Association Belge des Amis de Saint Jacques de Compostelle, a Deusche St Jakobus Geselleschaft, a Associaçao Espaço Jacobeus, en Portugal, a Confraternita di San Giacomo di Perugia, en Italia, o Centre d'Etudes Compostellanes. Association Francaise des Amis de Saint Jacques de Compostelle, a Federación Americana de Asociaciones del Camino de Santiago de Compostela, a Asociación Coreana de los Amigos del Camino de Santiago en Madrid, a Asociación de Amigos del Camino en Japón, a Jeju Olle Fundation, a Confraternity of St James South Africa e a Associacao Brasileira dos Amigos do Caminho de Santiago.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.