
Esta colaboración enmárcase na realización de traballos destinados á obtención de datos de xenotipado de variantes xenéticas e análise de niveis de metilación, en mostras de ADN humano para a súa posterior análise e diagnóstico. Os beneficiarios deste convenio serán os usuarios do Sistema Público de Saúde de Galicia, a través do acceso a nodos de información xenómica moi importantes, para a mellora do diagnóstico e tratamento de doenzas que inciden negativamente na calidade de vida das persoas.
O convenio contribúe a garantir o acceso da cidadanía a probas xenómicas útiles que precisen, en condicións de equidade, e a través da definición dunha carteira de servizos de Medicina Xenómica baseada en criterios de seguridade e eficiencia. Asemade preténdese promover o desenvolvemento dunha Medicina Xenómica competitiva en Galicia tanto no ámbito clínico, como no da investigación molecular; dispor de recursos tecnolóxicos e humanos necesarios para o eficaz desenvolvemento da investigación xenómica en Galicia; ou promover a coordinación dos servizos hospitalarios da rede sanitaria pública galega neste eido, así como a creación de equipos multidisciplinares.
Antecedentes
O 16 de xaneiro de 2019 formalizouse un Convenio Marco de actuación entre a USC e a Consellería de Sanidade para o desenvolvemento de actividades científicas, pedagóxicas, de investigación e outras que sexan de interese para as partes no ámbito da medicina xenómica, mediante a sinatura de acordos ou convenios específicos de colaboración. No marco da investigación xenómica e molecular, a USC conta, dende 2003 co anteriormente citado nodo do Centro Nacional de Genotipado, definido como plataforma tecnolóxica e que actualmente forma parte da Plataforma en Rede de Recursos Biomoleculares do Instituto de Salud Carlos III (ISCIII).
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.