Archivo (4 del 2020)

Buscador

Noticias

Ser capaces de prever a través de modelos matemáticos adecuados os recursos indispensables para loitar de modo eficiente contra a COVID-19, a curto e medio prazo, é a finalidade do proxecto que acaba de financiar a Fundação para a Ciência e Tecnologia de Portugal (FCT) e no que toman parte investigadores da USC, UVigo e Universidade de Aveiro. O proxecto aspira tamén a preparar as persoas infectadas para a recuperación no domicilio e a identificar problemas de saúde mental. O estudo permitirá prever, por exemplo, o número de Unidades de Coidados Intensivos necesarias na loita contra a pandemia. O equipo de científicos pretende optimizar, deste xeito, o impacto de medidas de prevención e tratamento na redución da mortalidade por COVID-19.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.486, deles 820 son da área da Coruña, 241 da de Lugo, 707 da de Ourense, 214 da de Pontevedra, 848 da área de Vigo, 498 da de Santiago, e 158 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 47 permanecen en UCI, 334 están en unidades de hospitalización e 3.105 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 5.573 persoas curadas, rexistrándose 547 falecementos. O número de PCR realizadas é de 96.095
Os ingresos tributarios da Comunidade Autónoma no exercicio 2019 situáronse en 6.076 millóns de euros, segundo reflicte a ‘Explotación estatística da información tributaria’ publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Isto supón un incremento do 1% respecto ao 2018, pese ao descenso no ingreso do Imposto sobre Valor Engadido (IVE) polo impago de 204 millóns que aínda mantén o Goberno central. En concreto, o capítulo de impostos directos aumentou un 4,9% ata chegar aos 2.486 millóns, mentres que o capítulo de impostos indirectos reduciuse un 1,7% e situouse nos 3.401 millóns. Finalmente, o capítulo de taxas e outros ingresos mantívose estable –medrou un 1%- e ascendeu a 189 millóns. Na liña de anos anteriores, dous impostos estatais (IRPF e IVE) concentran máis do 70% do ingreso tributario de Galicia.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.357, deles 800 son da área da Coruña, 238 da de Lugo, 673 da de Ourense, 208 da de Pontevedra, 791 da área de Vigo, 489 da de Santiago, e 158 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 45 permanecen en UCI, 278 están en unidades de hospitalización e 3.034 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 5.816 persoas curadas, rexistrándose 555 falecementos. O número de PCR realizadas é de 98.830.
A Xunta de Galicia e o comercio galego traballan xuntos nun protocolo para a reapertura e nas novas medidas para favorecer a reactivación económica dun sector estratéxico. O titular do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, mantivo onte unha reunión a través de videoconferencia con representantes do comercio galego, na que tamén estivo presente o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. Na mesma, constatouse a necesidade de que o Goberno central estableza unhas directrices claras para que o sector poida reabrir con garantías, despois das dúbidas xeradas tras a presentación do plan de desescalada o pasado martes. Por iso, a Xunta e o comercio galego xa están a traballar nun protocolo propio para a reapertura, e nun protocolo específico para perruquerías.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe na rolda de prensa do Consello a posta en marcha do Plan de reactivación da cultura e o turismo, cun investimento de 27 millóns de euros e preto de 50 medidas específicas para fomentar o emprego, xerar liquidez e reactivar o consumo. Co fin de cumprir este triplo obxectivo, Feijóo precisou que a Consellería da Cultura e Turismo elaborou este plan reestruturando o seu orzamento e recompuxo as partidas para ir mellorando as expectativas dos sectores turístico e cultural. “Todo isto para dar unha resposta rápida a dous sectores que supoñen o 13% do PIB e o 14% do total do emprego na Comunidade Autónoma”.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.205, deles 1.392 son da área da Coruña, 595 da de Lugo, 1.233 da de Ourense, 507 da de Pontevedra, 1.104 da área de Vigo, 1.034 da de Santiago, e 340 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 112 permanecen en UCI, 596 están en unidades de hospitalización e 5.497 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.536 altas de pacientes e 444 falecementos. O número de PCR realizadas é de 63.715.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 3.526, deles 880 son da área da Coruña, 244 da de Lugo, 715 da de Ourense, 215 da de Pontevedra, 808 da área de Vigo, 505 da de Santiago, e 159 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 73 permanecen en UCI, 482 están en unidades de hospitalización e 2.971 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 5.393 persoas curadas, rexistrándose 547 falecementos. O número de PCR realizadas é de 93.118.
Os datos rexistrados nas últimas semanas pola Rede galega de estacións con sonómetros revelan que o confinamento da poboación e as restricións impostas polo COVID-19 está a ter un impacto directo e moi significativo no ruído ambiental que soporta habitualmente a comunidade. Así, MeteoGalicia conclúe que a partir dos datos obtidos no que levamos de estado de alarma, pódese avanzar que a actividade e o impacto acústico en Galicia experimentou unha diminución de entre o 60% e o 70%. O organismo fixo público hoxe este avance do comportamento do ruído ambiental e a contaminación acústica durante o estado de alarma coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Concienciación sobre o ruído, unha efeméride que se celebra o último mércores de abril desde hai máis de 20 anos.
A Xunta leva entregadas preto de 4 millóns de mascarillas aos empresarios e aos autónomos galegos,que contaron coa colaboración dos clústers, asociacións de empresarios e de autónomos que coordinaron as solicitudes e o reparto do material. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantiveron esta mañá unha reunión por videoconferencia con representantes dos clúster e asociacións de empresarios galegos que están a recibir material de protección e que canalizaron as peticións e o posterior reparto do material, que se realiza dende a plataforma loxística da Xunta de Galicia (Clonegal), que é a que se ocupa de todos os envíos de material que non ten que ver con centros sanitarios.
« Anterior | 1  de  8 | Siguiente »

Archivo

2024 (192)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES