Noticias

A Xunta aumenta a preto de 4 millóns o número de mascarillas entregadas a empresas e autónomos galegos

A Xunta leva entregadas preto de 4 millóns de mascarillas aos empresarios e aos autónomos galegos,que contaron coa colaboración dos clústers, asociacións de empresarios e de autónomos que coordinaron as solicitudes e o reparto do material. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantiveron esta mañá unha reunión por videoconferencia con representantes dos clúster e asociacións de empresarios galegos que están a recibir material de protección e que canalizaron as peticións e o posterior reparto do material, que se realiza dende a plataforma loxística da Xunta de Galicia (Clonegal), que é a que se ocupa de todos os envíos de material que non ten que ver con centros sanitarios.

Alfonso Rueda indicou que o primeiro envio foi realizado o 16 de abril e ata o de agora foron repartidas preto de 4 millóns de mascarillas, o dobre do inicialmente proposto. Esta medida púxoxe en marcha ante a imposibilidade de moitas empresas e autónomos poideran conseguir o material de protección necesario no mercado e a un prezo adecuado. De feito, o material foi facilitado ao mesmo prezo que o adquiriu a Xunta.

“Segundo nos trasladaron os propios empresarios e autónomos, fomos a única comunidade autónoma en todo o estado español que surtiu de mascarillas ás pequenas e medianas empresas e a miles de autónomos que necesitaban estes equipos de protección para comezar a traballar e non dispoñían deles”, indicou Alfonso Rueda.

R., 2020-04-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES