
Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta fixo fincapé en que é imprescindible, a estas alturas, un horizonte previsible de volta á nova normalidade en todos os sectores económicos: gradual, dinámico e reversible, para tomar decisións persoais, laborais e empresariais. Estamos a falar da necesidade de aclarar as condicións de volta ao traballo previsible, no ámbito social e no ámbito educativo, así como dun sistema de apertura e peche flexible, dixo, subliñando que o Executivo galego está a avaliar as primeiras bases da desescalada que considera razoable plantexar xa en Galicia, de acordo coa situación da pandemia e a situación epidemiolóxica da Comunidade.
Unha desescalada por zonas e subzonas, cunha peza separada para o rural
Sobre este punto, referiuse a algunhas cuestións que a Administración autonómica terá en conta no traballo de desescalada que xa está facendo para propoñer ao Goberno central, entre as que destacou: establecer a desescalada por zonas e subzonas; facer unha peza separada para o rural; e ter en conta a idade dos cidadáns, as características demográficas de cada zona e subzona, a mobilidade que se produce e o estudo epidemiolóxico, que xa está en marcha. En definitiva, empezamos a traballar na desescalada que ten que ser progresiva, rigorosa e dinámica, dixo.
Feijóo concluíu incidindo en que a desescalada só se pode facer se hai seguridade sanitaria. Todas as decisións de ir abrindo distintos sectores económicos teñen que ter o respaldo sanitario, recalcou, insistindo en que manter a distancia social, o lavado de mans de forma constante, extremar as precaucións e o uso de mascarillas en determinados contextos e para determinadas persoas é o que vai permitir conter a pandemia e volver á nova normalidade.
Non podemos baixar a garda, aseverou, trasladando a confianza en todos os galegos, que durante estas seis semanas, recordou, están tendo un comportamento exemplar.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Así o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos países e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.