Buscador
Noticias
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, solicitou hoxe ao Goberno central máis Equipos de Protección Individual (EPIs) para dotar aos servizos de emerxencia e ás agrupacións de Protección Civil e que poidan así realizar o seu traballo con todas as garantías ante a epidemia do coronavirus. Así llo trasladou hoxe ao ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, con quen mantivo unha videoconferencia esta tarde, xunto con conselleiros do resto de comunidades autónomas e delegados de Goberno. No encontro, tamén solicitou outras aclaracións importantes, como o do peche da fronteira con Portugal, moi relevante para Galicia pola gran actividade que se desenvolve ao redor da raia.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 285, deles 84 son da área da Coruña, 26 da de Lugo, 32 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 49 da área de Vigo, 50 da de Santiago, e 7 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 9 permanecen en UCI, 52 están en unidades de hospitalización e 224 no domicilio. Polo de agora en Galicia, rexistráronse 4 altas de pacientes e 3 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.099. Seguindo instruccións do protocolo de comunicación do Ministerio de Sanidade, a partir de hoxe só se actualizarán os datos unha vez ao día.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización de hoxe, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 239, deles 80 son da área da Coruña, 16 da de Lugo, 28 da de Ourense, 26 da de Pontevedra, 46 da área de Vigo, 37 da de Santiago, e 6 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 9 permanecen en UCI, 49 están en unidades de hospitalización e 181 no domicilio. Por outra banda, rexistráronxe xa as 4 primeiras altas de pacientes, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; e tres falecementos. O último dos éxitus rexistrouse no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Trátase dun varón, de 45 anos, e que tiña varias patoloxías previas.
A Consellería de Sanidade vén de publicar un autotest para que a cidadanía poda consultar síntomas e resolver dúbidas relacionadas con esta enfermidade. Coa posta en marcha deste test interactivo, elaborado por persoal sanitario, proporciónase á poboación un sistema áxil e inmediato no que atopar información actualizada sobre cuestións relacionadas co coronavirus. Ademais o feito de que o test personalice as respostas, a través de preguntas concretas, permite ofrecer recomendacións adaptadas á situación particular de cada persoa. Esta nova ferramenta de información e consulta, súmase a outras iniciativas relacionadas coa atención a esta enfermidade, como o teléfono gratuíto 900 400 116.
O presidente da Xunta reiterou que a elección prioritaria e única que temos neste momento todos os galegos é derrotar a pandemia, e pide ao Goberno central que complemente as medidas no eido económico, laboral e social aprobadas no Consello de Ministros. Consciente de que a prioridade número un é a sanitaria, Feijóo aseverou que a primeira petición ao Goberno é que dote ás comunidades de equipamento, de produtos de protección e material de intervención necesarios. E solicitamos tamén a ampliación do fondo de continxencia para o ámbito sanitario, xa que necesitamos un caudal de liña presupostaria para ir axustando o gasto.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apelou hoxe á lealdade entre administracións e entre os cidadáns para seguir actuando nesta crise desde a unidade e a coordinación. Este estado de alarma require unha recíproca lealdade duns e doutros, entre todas as administracións públicas, porque son os cidadáns aos que servimos e son os que marcan a necesidade da coordinación, da responsabilidade e da unidade, dixo. Tras presidir a primeira reunión do Centro de Coordinación Operativo (Cecop), posto en marcha para facer fronte á emerxencia do coronavirus, Feijóo incidiu en que a reacción ha de ser colectiva e tenaz. E fixo un chamamento á tranquilidade nalgúns ámbitos.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización de hoxe, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 189, deles 72 son da área da Coruña, 9 da de Lugo, 22 da de Ourense, 18 da de Pontevedra, 36 da área de Vigo, 27 da de Santiago, e 5 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 8 permanecen en UCI, 33 están en unidades de hospitalización e 148 no domicilio. Por outra banda, rexistráronse xa as 4 primeiras altas de pacientes, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; e dous falecementos. O segundo falecemento foi dun home de 81 anos, con varias patoloxías, que se atopaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e que dera positivo importado na proba de coronavirus. O número de PCR realizadas é de 1.390.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou hoxe a Pedro Sánchez que a unidade, a lealdade e a coordinación de Galicia co Goberno de España está garantida. Non é o momento de ver o que se podería ter feito, senón de ver que podemos facer todos xuntos, aseverou, baixo a confianza en que cunha resposta uniforme se poida empezar a combater mellor a emerxencia do coronavirus, cun criterio único para todo o Estado. Na rolda de prensa posterior á videoconferencia co presidente do Goberno central e co resto dos presidentes autonómicos, Feijóo precisou que todas as medidas xa adoptadas por Galicia, que se anticipou ás decisións para o conxunto de España, quedan ratificadas co Real Decreto.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe, tras a reunión extraordinaria do Consello da Xunta, da declaración da situación de emerxencia sanitaria de interese galego. Unha declaración, precisou, que poderá implicar a reorganización funcional dos servizos administrativos e as modificacións orzamentarias necesarias para afrontar a emerxencia. Así mesmo, subliñou que con esta declaración actívase, tamén, o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia, de tal forma que, será o propio presidente da Xunta quen asuma a coordinación de todas as actividades de emerxencia.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización de hoxe, o número de casos confirmados de coronavirus en Galicia ascende a 135, deles 55 son da área da Coruña, 7 da de Lugo, 15 da de Ourense, 13 da de Pontevedra, 23 da área de Vigo, 17 da de Santiago, e 5 da de Ferrol. Debido ao cambio de protocolo introducido polo Ministerio, infórmase sobre os casos de infección con resultado positivo realizados na nosa Comunidade Autónoma. Do total de pacientes positivos, 7 permanecen en UCI, 27 están en unidades de hospitalización e 101 no domicilio. Por outra banda, rexistráronse xa as tres primeiras altas de pacientes, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña