Archivo (3 del 2020)

Buscador

Noticias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 567, deles 152 son da área da Coruña, 46 da de Lugo, 63 da de Ourense, 83 da de Pontevedra, 108 da área de Vigo, 94 da de Santiago, e 21 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 19 permanecen en UCI, 137 están en unidades de hospitalización e 411 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 5 altas de pacientes e 6 falecementos. O último falecido foi un varón de 89 anos, con múltiples patoloxías complexas previas, que estaba ingresado no Hospital de Monforte.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe por videoconferencia na Conferencia Sectorial de Xustiza, na que o Ministerio de Xustiza confirmou que os xulgados e tribunais permanecerán abertos durante o estado de alarma como consecuencia da evolución do coronavirus e que se manterán os servizos mínimos decretados segundo os criterios do Goberno central. Ante esta decisión, a Xunta aposta por estudar distintas fórmulas de flexibilidade no marco das directrices fixadas polo Goberno central co obxectivo de que o persoal funcionario poida atender de forma presencial os servizos mínimos decretados na Administración de Xustiza, de maneira que se sigan a atender as urxencias da cidadanía.
A Xunta ten reservado alomenos un hotel en cada cidade para acoller ao persoal sanitario que así o desexe, unha oferta que se poderá incrementar se fose necesario no conxunto das áreas sanitarias. Este recurso forma parte das máis de 4.000 prazas hostaleiras que coordina a Administración autonómica para aloxar aos traballadores de servizos esenciais e a persoas especialmente vulnerables que o precisen. Trátase dunha lista de prazas dinámica, espallada por todo o territorio e que se vai adaptando ás necesidades. Así se puxo de manifesto durante a reunión do Centro de Coordinación Operativa creado pola crise do coronavirus, que foi presidido polo vicepresidente da Xunta.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 444, deles 136 son da área da Coruña, 36 da de Lugo, 46 da de Ourense, 59 da de Pontevedra, 84 da área de Vigo, 68 da de Santiago, e 15 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 15 permanecen en UCI, 99 están en unidades de hospitalización e 330 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 4 altas de pacientes e 5 falecementos. O último falecido foi un varón de 75 anos, con patoloxías crónicas previas, que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo esta mañá unha videoconferencia co ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación, Luis Planas, e os demais conselleiros autonómicos do ramo para avaliar a situación de emerxencia sanitaria por mor do coronavirus. No encontro virtual, José González demandou garantías para o sector agrogandeiro e forestal galego e para os profesionais que seguen traballando no rural, con prórrogas de contratos ou medidas de protección axeitadas. Así, relacionado co sector gandeiro, o titular de Medio Rural solicitou a suspensión de todos os mercados gandeiros no territorio nacional.
O Servizo Galego de Saúde implantará en todas as áreas sanitarias un novo sistema para realizar as probas do coronavirus, aos pacientes desde os seus propios vehículos sen que teñan que baixarse deles, e que só se lle realizará as persoas que teñan prescripción facultativa e cita previa. O facultativo ten que prescribir a realización deste test no marco dos criterios establecidos nos protocolos e quedará rexistrada na historia clínica electrónica do paciente. Con esta medida trátase de complementar e axilizar o sistema de recollidas de mostras a domicilio, que ven incrementando a súa demanda nos últimos días. O novo sistema permite axilizar tempos xa que posibilitan que os cidadáns se despracen en coche ao hospital.
Este Plan social de continxencia estará destinado a atender as consecuencias que ten a emerxencia sanitaria en ámbitos como a atención á dependencia, o coidado das persoas maiores ou con discapacidade sen unha rede familiar de apoio ou a protección ás persoas sen fogar. Galicia reclama tamén un reparto xusto dos fondos que o Goberno central distribúa entre as comunidades autónomas para facer fronte ás necesidades, e pide que se teñan en conta factores como a porcentaxe de persoas maiores (que son poboación especialmente vulnerables) e a dispersión territorial. O problema principal é a carencia de equipos de protección individual, que se está a rexistrar nos centros residenciais e no Servizo de Axuda no Fogar.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 333, deles 108 son da área da Coruña, 31 da de Lugo, 34 da de Ourense, 47 da de Pontevedra, 49 da área de Vigo, 56 da de Santiago, e 8 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 11 permanecen en UCI, 63 están en unidades de hospitalización e 259 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 4 altas de pacientes e 4 falecementos. O cuarto falecemento é dun varón de 72 anos, que estaba ingresado na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e que padecía varias patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 2.614.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, compareceu hoxe en rolda de prensa despois de presidir unha nova reunión do Centro de Coordinación Operativa, ademais do Consello da Xunta, para detallar a habilitación de máis medidas e máis persoal para ofrecer a mellor resposta a todos os niveis centrada na contención do coronavirus. “É necesario seguir habilitando medidas para a contención do virus, intentando aprender da experiencia doutros países e rexións”, explicou, incidindo en que este obxectivo foi o que marcou a reunión do Cecop. Entre as medidas adoptadas no ámbito sanitario, destacou que o centro de coordinación está a definir hoteis aptos e accesibles para asumir hospitalización en caso de ser necesario.
Alberto Núñez Feijóo informou hoxe durante unha nova reunión cos representes dos principais partidos políticos galegos das tres propostas prioritarias que trasladou por carta ao presidente do Goberno de España, para seguir traballando na prevención e contención do coronavirus. Logo de valorar que todas elas son medidas coincidentes nos obxectivos que tamén expresaron os partidos da oposición onte, Feijóo referiuse á preocupación pola falta de material, centralizado no Ministerio: “Necesitamos unha resposta rápida e que se nos mande material para seguir traballando con seguridade”, dixo, recordando tamén que as comunidades seguen á espera dun estudo do Goberno.
« Anterior | 4  de  8 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES