Noticias

A Xunta informa ao Goberno central de que está a elaborar un Plan social de continxencia e pide que se garanta o financiamento

Este Plan social de continxencia estará destinado a atender as consecuencias que ten a emerxencia sanitaria en ámbitos como a atención á dependencia, o coidado das persoas maiores ou con discapacidade sen unha rede familiar de apoio ou a protección ás persoas sen fogar. Galicia reclama tamén un reparto xusto dos fondos que o Goberno central distribúa entre as comunidades autónomas para facer fronte ás necesidades, e pide que se teñan en conta factores como a porcentaxe de persoas maiores (que son poboación especialmente vulnerables) e a dispersión territorial. O problema principal é a carencia de equipos de protección individual, que se está a rexistrar nos centros residenciais e no Servizo de Axuda no Fogar.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, participou esta tarde nunha xuntanza por videoconferencia co vicepresidente segundo e ministro de Dereitos Sociais e Axenda 2030 do Goberno de España, Pablo Iglesias, xunto cos demais responsables autonómicos da área social. Durante esta xuntanza, informou de que Galicia está a elaborar un Plan social de continxencia e pediu que se garanta o financiamento.

Este Plan social de continxencia estará destinado a atender as consecuencias que ten a emerxencia sanitaria en ámbitos como a atención á dependencia, o coidado das persoas maiores ou con discapacidade sen unha rede familiar de apoio ou a protección ás persoas sen fogar.

Fabiola García reclamou tamén un reparto xusto dos fondos que o Goberno central distribúa entre as comunidades autónomas para facer fronte ás necesidades, e pediu que se teñan en conta factores como a porcentaxe de persoas maiores (que son poboación especialmente vulnerables) e a dispersión territorial.

O problema principal que trasladou a conselleira ao Goberno central é a carencia de equipos de protección individual, os coñecidos como EPIs (que inclúen mascarillas, batas, luvas e gafas, entre outros útiles), que se está a rexistrar nos centros residenciais e no Servizo de Axuda no Fogar. O Goberno central asumiu nos últimos días o subministro centralizado destes equipos, que necesitan os profesionais do ámbito social para traballar con seguridade.

Atención a domicilio e a persoas sen fogar

Así mesmo, Fabiola Garcia pediu que se concretasen as instrucións ditadas polo Goberno central sobre o Servizo de Axuda no Fogar, que se recomenda manter e reforzar nas circunstancias actuais. Galicia defende que se habiliten mecanismos para que as persoas usuarias de centros de día ou ocupacionais (que suspenderon a súa actividade) teñan garantida a cobertura das súas necesidades básicas.

Por último, a conselleira de Política Social interesouse polo xeito no que se executará o reforzo extraordinario para a atención ás persoas sen fogar, no que se implicará o Ministerio de Defensa e do que, de momento, non se coñecen detalles.

R., 2020-03-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (wos-festival-2025.jpg) A novena edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia reunirá 26 proxectos de música electrónica e experimental contemporánea, con propostas que transitan pola composición electroacústica, a música de club, a improvisación, a performance audiovisual e diferentes formatos híbridos. A programación destaca ademais pola súa dimensión internacional e polo carácter inédito de boa parte das propostas. Así, 13 dos 26 proxectos da programación principal chegarán a Santiago sendo estreas en España. Entre eles figura a presentación mundial do novo concerto audiovisual de Blood of Aza.
Foto de la tercera plana (a-serie-clopen.jpg) A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.

Notas

Charo Lopes (Boiro, 1988) é a gañadora do XXIII Premio González Garcés de Poesía, convocado pola Deputación da Coruña, coa obra 'O diálogo das siamesas', presentada baixo o seudónimo de María Dolores Oliveira. Charo Lopes é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (2010), titulada superior en Fotografía Artística pola ESAD Antonio Faílde (2012) e Máster en Literatura, Cultura e Diversidade pola Universidade da Coruña (2018).
Logo dos traballos desenvolvidos no Corro dos Mouros entre 2023 e 2025, a cuarta campaña de escavacións na parroquia de Santa María Madalena de Adai (Lugo), na propiedade da Asociación da Comunidade de Montes M.V.M.C. Vecinos de Adai, profunda agora en dous abrigos, un deles, coñecido como Pena Travesa, cun petróglifo con deseños complexos de cazoletas na parte superior da rocha.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES