Noticias

Feijóo traslada ao presidente do Goberno de España tres propostas prioritarias para seguir traballando na prevención e contención do coronavirus

Alberto Núñez Feijóo informou hoxe durante unha nova reunión cos representes dos principais partidos políticos galegos das tres propostas prioritarias que trasladou por carta ao presidente do Goberno de España, para seguir traballando na prevención e contención do coronavirus. Logo de valorar que todas elas son medidas coincidentes nos obxectivos que tamén expresaron os partidos da oposición onte, Feijóo referiuse á preocupación pola falta de material, centralizado no Ministerio: “Necesitamos unha resposta rápida e que se nos mande material para seguir traballando con seguridade”, dixo, recordando tamén que as comunidades seguen á espera dun estudo do Goberno.

No tocante á segunda proposta, o titular da Xunta trasladou ao Executivo central a recomendación de que se sigan facendo as probas de diagnóstico en domicilio. “Cremos que, mentres sexa posible, deberíanse seguir facendo probas de diagnóstico en domicilio. Nós, se temos o material necesario, contamos con laboratorios e aparataxe suficiente para seguir realizándoas”, explicou.

Como terceiro punto, Feijóo expuxo a importancia de seguir extremando as medidas de contención, sempre que sexa posible, ademais de trasladar a necesidade de que, no ámbito de portos e aeroportos, se adopte unha decisión coherente coa adoptada nas fronteiras terrestres, así como limitar o tránsito de avións e extremar os controis para todos aqueles que cheguen.

Lonxe de que estas propostas poidan entenderse como unha crítica, Feijóo trasladou a “absoluta comprensión” coa situación do Goberno central, “igual que pido comprensión coa situación do Goberno de Galicia”, incidiu en que “todos estamos en situación de máxima tensión e actividade”.

Ao longo da súa intervención, o responsable do Goberno galego aseverou que Galicia segue a traballar para mellorar cada día a resposta. Así, subliñou que as chamadas ao 900 400 116 están sendo atendidas, desde esta mañá, por case un centenar de operadores e, en materia de política social, aseverou que a Xunta xa está a elaborar un plan de continxencia para os usuarios de centros de día públicos; “estamos contactando con eles para ver o que precisan, para facer un seguimento dos medicamentos e para ofrecerlles un servizo de comida se o precisan”, explicou sobre este punto.

Logo de precisar que todas estas propostas, xunto as medidas no ámbito educativo, social e económico xa expostas con anterioridade, serán abordadas na vindeira reunión do Cecop, Feijóo quixo agradecer, novamente, o traballo de todos os profesionais sanitarios, así como a resposta da xente, quedándose nas súas casas. “E quero tamén reiterar todo o noso cariño ás persoas que están a sufrir este virus e tamén aos seus seres queridos”, afirmou, recordando que, neste momento, en Galicia son 305 os casos confirmados.
Eleccións autonómicas 5A

Durante a videoconferencia, o presidente da Xunta abordou cos representantes dos principais partidos políticos galegos a suspensión das eleccións autonómicas do vindeiro 5 de abril, a través dun decreto da Xunta que será asinado mañá na reunión do Consello da Xunta e logo de ser remitido á Xunta Electoral.

Neste documento acórdase, tamén, a decisión de asinar un novo decreto de convocatoria electoral no momento no que finalice o estado de alarma e de emerxencia sanitaria, e despois de escoitar aos partidos políticos.

R., 2020-03-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-serie-clopen.jpg) A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.
Foto de la tercera plana (golpes-bajos.jpg) O sábado 12 de setembro chegará un dos pratos fortes do ciclo: A Movida Viguesa e a Homenaxe a Golpes Bajos. Esta histórica xornada supón o regreso aos escenarios de artistas fundamentais para comprender a historia musical de Vigo e de Galicia. Bandas e músicos que naceron na cidade e que, desde aquí, conquistaron o panorama nacional e mesmo internacional. Reunir nun mesmo escenario a Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas de Siniestro Total, Killer Barbies e Stoned at Pompei é moito máis que un concerto: é unha homenaxe a unha xeración irrepetible e a unha cidade que marcou unha época dentro da música española.

Notas

Logo dos traballos desenvolvidos no Corro dos Mouros entre 2023 e 2025, a cuarta campaña de escavacións na parroquia de Santa María Madalena de Adai (Lugo), na propiedade da Asociación da Comunidade de Montes M.V.M.C. Vecinos de Adai, profunda agora en dous abrigos, un deles, coñecido como Pena Travesa, cun petróglifo con deseños complexos de cazoletas na parte superior da rocha.
A Universidade da Coruña acollerá o vindeiro 22 de outubro a IV Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente (XIGAID), un encontro que reunirá na Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC (ETSAC) profesorado das tres universidades públicas galegas para compartir experiencias, boas prácticas e propostas ante os novos retos da docencia universitaria.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES