Buscador
Noticias
A USC e Afundación, Obra Social de Abanca, organizan o proxecto expositivo O universo musical de Andrés Gaos (1874 1959), un percorrido pola vida e a obra do recoñecido compositor galego Andrés Gaos neste ano 2019, denominado Ano Gaos no que se cumpren 60 anos do seu falecemento. Os comisarios e profesores da Universidade de Santiago de Compostela, Montserrat Capelán e Javier Garbayo, e a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela, presentaron este martes en rolda de prensa os detalles da mostra. A exposición poderase visitar ata o vindeiro 14 de decembro na Sede Afundación da Coruña.
A Ribeira Sacra deu un paso firme na súa aspiración de converterse a medio prazo na sétima reserva da biosfera de Galicia. O Concello de Pantón acolleu a presentación oficial da candidatura coa que os 23 concellos de Lugo e Ourense que abranguen o espazo conformado pola Ribeira Sacra e as Serras do Oribio e Courel aspiran a conseguir este recoñecemento de carácter internacional xestionado e concedido pola Unesco. Trátase dun territorio de excepcional valor en canto aos seus compoñentes ambientais, paisaxísticos e culturais, como demostra a súa recente declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) por parte do Consello da Xunta. Galicia xa conta con seis reservas da biosfera que representan arredor do 25% do territorio da comunidade.
A actividade, que ten como obxectivo a mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM, dividirase en dúas quendas. A primeira delas, dirixida a alumnado de 3º de ESO, desenvolverase entre o 25 e o 31 de agosto. A segunda, para o de 4º de ESO, será entre o 1 e o 7 de setembro. En ambos os casos a STEMweek realizarase nas instalacións do Centro Residencial docente da Coruña. Durante toda a estadía o alumnado estará supervisado por monitores e monitoras. Ao longo da STEMweek as alumnas e alumnos desenvolverán actividades coa finalidade de desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumenten o interese do alumnado pola ciencia e polas súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía.
Galicia acolle este verán máis de cen actividades dentro da programación de O teu Xacobeo, a convocatoria que propiciará a posta en marcha de 352 iniciativas de dinamización en toda Galicia como antesala do próximo Ano Santo. O programa busca favorecer a participación e a descentralización do vindeiro Xacobeo 21. Trátase da primeira vez que o Goberno galego pon en marcha un proxecto co Xacobeo como referente feito coa implicación de toda sociedade galega. Así, dos máis de 350 proxectos aprobados propostos por concellos, empresas privadas e entidades sen ánimo de lucro, máis dun centenar espallaranse ata o remate de verán pola xeografía galega.
Galicia continua coa súa participación na 49ª edición do Festival Intercéltico de Lorient, o histórico encontro da cultura celta que este ano celebra o Année de la Galice. A programación do evento conta cunha ampla representación galega na que estarán entre outros Ariel Ninas, Tiruleque Milladoiro, Do Fondo da Barra e Habelas Hainas. Nos vindeiros días será a quenda do gaiteiro galego Carlos Núñez, Xosé Lois Romero ou Mercedes Péon. Ao longo destes días tamén actuarán novamente Os da porfía, Talabarte, Xacarandaina, Habelas Hainas, Os Sin Son e Tiruleque. O pavillón de Galicia en Lorient ten como misión fomentar a difusión e o coñecemento da música e a danza galega, ao tempo que favorece a promoción de Galicia como destino cultural, gastronómico e turístico de cara ao vindeiro Ano Santo.
A Cidade da Cultura celebra o vindeiro sábado 24 de agosto unha nova edición do festival Cidade Imaxinaria, convidando as familias a gozar dunha tarde lúdica ao aire libre, con entrada de balde, que transforma o complexo do Gaiás nun sorprendente mundo de fantasía. Visitar o incrible circo de bechos xigantes do dr. Mezzo, converterse nunha marioneta de carne e óso controlada por dedos mecánicos, abraiarse con extraordinarios saltos, voos e viravoltas que quitan o alento ou compartir danza e risos con tres simpáticos hipopótamos azuis. Estas son só algunhas das propostas da que é xa unha das citas clásicas da programación da Cidade da Cultura.
Galicia liderou durante o primeiro semestre do ano o crecemento turístico en España, un período no que superou por vez primeira a barreira dos dous millóns de viaxeiros. Segundo as cifras do Instituto Nacional de Estatística (INE), a nosa foi a Comunidade na que máis medrou a demanda turística, cun alza do 7,7% fronte ao 1,2% do resto de España, reflectindo que Galicia é un destino turístico atractivo para os viaxeiros tamén en tempada media e baixa. Os datos sinalan un incremento que se estende a todo tipo de viaxeiros, ao rexistrarse unha suba de preto do 5% no turismo interno (o que realizan os propios galegos dentro da súa Comunidade) e dun 6% no turismo nacional.
A primeira parte do verán estivo marcada en Galicia por unha gran variabilidade desde o punto de vista meteorolóxico, unha situación que non impediu que xullo acabase sendo un mes cálido e lixeiramente seco. Estas son as conclusións do resumo climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, no que se comparan os rexistros de temperatura e chuvia do mes pasado cos valores medios das estacións representativas durante o período climático 1981-2010. A principal explicación é que as zonas de aire frío no Atlántico continuaron baixando máis ao sur do habitual durante o mes de xullo. Esta situación impediu que Galicia e o norte da península quedasen baixo a influencia das altas presións, así como os longos períodos de estabilidade propios desta época.
Alberto Vázquez con "A Caza" na categoría xeral e Martín Romero con "Uxío" na infantil e xuvenil son os gañadores do Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña. A convocatoria chega así a súa décimo cuarta edición e, por vez primeira, concede o premio na modalidade de infantil e xuvenil. Dous autores de traxectoria xa moi recoñecida son os gañadores da nova edición do Premio Castelao de Banda Deseñada que esta mañá fallou un xurado presidido polo deputado da área de Cultura, Xurxo Couto, e composto por Gema Sesar, Kiko da Silva, Antonio Navarro Santalla e Albert Monteys ademais da xefa do servizo de Cultura, Mercedes Fernández Albalat que actuou como secretaria.
El próximo otoño pasará a la historia como el punto de partida de la nueva generación de vehículos electrificados de la marca. Uno de sus abanderados será el Nuevo Peugeot 508 SW Hybrid