Noticias

Duascentas alumnas e alumnos gozarán en agosto e setembro da STEMweek

A actividade, que ten como obxectivo a mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM, dividirase en dúas quendas. A primeira delas, dirixida a alumnado de 3º de ESO, desenvolverase entre o 25 e o 31 de agosto. A segunda, para o de 4º de ESO, será entre o 1 e o 7 de setembro. En ambos os casos a STEMweek realizarase nas instalacións do Centro Residencial docente da Coruña. Durante toda a estadía o alumnado estará supervisado por monitores e monitoras. Ao longo da STEMweek as alumnas e alumnos desenvolverán actividades coa finalidade de desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumenten o interese do alumnado pola ciencia e polas súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar as listaxes definitivas de seleccionados para participar na STEMweek, da que este ano gozarán un total de 200 alumnas e alumnos. A resolución pode consultarse no portal educativo da Xunta de Galicia. As familias, para as que esta actividade ten carácter gratuíto, deberán remitir á Consellería o anexo de aceptación ou renuncia antes do vindeiro luns día 12 de agosto.

A actividade, que ten como obxectivo a mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM, dividirase en dúas quendas. A primeira delas, dirixida a alumnado de 3º de ESO, desenvolverase entre o 25 e o 31 de agosto. A segunda, para o de 4º de ESO, será entre o 1 e o 7 de setembro. En ambos os casos a STEMweek realizarase nas instalacións do Centro Residencial docente da Coruña. Durante toda a estadía o alumnado estará supervisado por monitores e monitoras.

Ao longo da STEMweek as alumnas e alumnos desenvolverán actividades coa finalidade de desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumenten o interese do alumnado pola ciencia e polas súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía. Deste xeito a actividade pretende crear unha canteira científica, especialmente mulleres, entre o alumnado de 15 e 16 anos e afondar no seu dominio da competencia comunicativa en inglés.

Esta convocatoria forma parte da Estratexia Galega de Educación Dixital (Edudixital 2020) e, en concreto, da liña destinada a fomentar as vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) no ensino preuniversitario, co fin de tentar de espertar o interese dos máis novos, e especialmente das rapazas, polos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico de cara á elección de estudos superiores.

Por outra banda, ao desenvolverse de forma íntegra en inglés, a STEMweek é unha das accións contempladas tamén na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras (Edulingüe 2020).

R., 2019-08-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES