Archivo (8 del 2019)

Buscador

Noticias

O Encontro, que promove a creación contemporánea e o intercambio de coñecemento a través dunha residencia artística no Gaiás, está impulsado pola Fundación Cidade da Cultura –enmarcándose ademais na programación do Xacobeo 21– e conta coa colaboración da Fundación Banco Sabadell. Participan artistas galegos pero tamén procedentes do resto de España e doutros países como Colombia, Romanía ou Arxentina. As nove edicións celebradas ata o de agora consolidan o EAN como unha das citas de referencia da arte contemporánea da Península, como demostra cada ano a traxectoria e talento dos e das participantes seleccionados.
Un total de 113.938 galegas e galegos teñen a tarxeta de doador de órganos, sendo moitas máis as mulleres, un total de 72.798, o que representa o 64%, e 41.140 homes, que supoñen o 36%. Por provinciais, 46.968 persoas pertencen á da Coruña; 47.421 á de Pontevedra; 9.220 á de Ourense e 8.570 á de Lugo. Tamén hai 1.759 persoas de fóra de Galicia. No que atinxe á súa idade, os posuidores da tarxeta de doador teñen entre 18 e 44 anos o 75%, sendo un 20% os que se sitúan na franxa de 45 a 64 anos. Os maiores de 65 anos representan o 3%. A tarxeta de doador é un documento que se solicita e formaliza en vida.
Un total de 18 centros de educación infantil e primaria, secundaria e educación especial de toda Galicia desenvolverán a partir do vindeiro curso a iniciativa Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional realiza en colaboración coa Fundación Botín. Trátase dunha proposta para tres cursos, co fin de que os centros e os seus docentes desenvolvan o programa formando parte da rede de Centros de Educación Responsable da Comunidade Autónoma Galega, recibindo formación, recursos educativos e seguimento por parte tanto da Consellería como da Fundación.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presentará en Bruxelas o vindeiro 8 de outubro a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 (EGCCE). Será a encargada de abrir a participación galega na Semana Europea das Rexións e as Cidades, un evento coordinado polo Comité das Rexións e a Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea, que durante os seus catro días de duración ofrecerá un programa con máis de 300 actos previstos e 600 relatores. Durante a segunda xornada de traballo, a Xunta ofrecerá unha conferencia centrada na aportación galega á loita contra o cambio climático a través da presentación da futura EGCCE.
132 empresas vanse beneficiar do programa de axudas á dixitalización da Industria 4.0. Este programa, cofinanciado entre o Igape e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, comprenderá un investimento de preto de 2,30 millóns de euros. Estas axudas servirán para apoiar a adquisición de equipos e software, así como as colaboracións necesarias para a súa implementación, financiando proxectos colectivos de agrupacións, pemes e iniciativas promovidas a nivel individual. O obxectivo primordial destas axudas é mellorar o traballo das pemes nos mercados rexionais, nacionais e internacionais.
A Fundación Cidade da Cultura vén de pechar un acordo co Museo do Prado para exhibir dúas das súas obras: El Paraíso Terrenal, de Pieter Brueghel o Novo, e La muerte de Lucrecia, atribuído a Luca Cambiaso, Luqueto. Ambos cadros formarán parte da recreación da pinacoteca dos Condes de Lemos na exposición Galicia, un relato no mundo, que afondará no papel e contactos internacionais de grandes figuras da aristocracia galega dos séculos XVI e XVII, de destacado peso político e intelectual na Europa do seu tempo. A partir de novembro poderanse contemplar obras cun elevado valor simbólico para a nosa cultura e identidade, algunhas delas por vez primeira na Comunidade.
O programa O teu Xacobeo impulsa este verán travesías náuticas xacobeas para completar desde as rías as etapas terrestres do Camiño de Santiago e para dar a coñecer o traxecto da entrada da barca de pedra do Apóstolo desde a bocana da ría de Arousa. As saídas en veleiros poden realizarse desde Vigo, Portonovo, Baiona, Ribeira e a Pobra do Caramiñal, portos que forman parte da chamada Travesía Náutica Xacobea Sur. Os percorridos que saen desde os portos das rías de Vigo e Pontevedra pretenden complementar as etapas a pé do Camiño de Santiago e están concibidas, ademais, co obxectivo de difundir a cultura galega, a gastronomía e a historia de Galicia a través da Ruta Xacobea.
O Comité Europeo das Rexións (CdR), en colaboración coa Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea (DG REGIO), organizará en Bruxelas do 7 ao 10 de outubro a Semana Europea das Rexións e das Cidades (EWRC nas súas siglas en inglés): un evento de catro días de duración que reúne a máis de 6.000 asistentes e 600 relatores nun programa oficial con máis 300 actos nos que se abordarán as políticas rexionais e locais europeas sobre cohesión e desenvolvemento rexional e urbano. Galicia terá este ano unha participación destacada na EWRC cun total de catro eventos organizados por entidades galegas como a Autoridade Portuaria de Vigo, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) ou a Fundación Galicia Europa (FGE).
O Gaiás celebra este sábado, 24 de agosto, unha nova edición do festival Cidade Imaxinaria, convidando as familias a gozar dunha tarde lúdica ao aire libre, con entrada de balde, que transformará o complexo nun sorprendente mundo de fantasía, grazas a espectáculos e teatros circenses con música, xogos e obradoiros para todas as idades, incluído un espazo para bebés. Visitar o incrible circo de bechos xigantes do Dr. Mezzo, converterse nunha marioneta de carne e óso controlada por dedos mecánicos, abraiarse con extraordinarios saltos, voos e viravoltas que quitan o alento ou compartir danza e risos con tres simpáticos hipopótamos azuis.
O número de hoteis galegos medrou máis dun 8% na última década, pasando dos 839 establecementos rexistrados no 2009 aos máis de 900 que existen na actualidade. Así se reflicte no informe Dinamismo do sector hoteleiro en Galicia 2009-2019 que se presentou hoxe. Del se desprende que os hoteis concentran o 69% da demanda turística da Comunidade, é dicir, que de cada dez pernoitas que realizan os turistas, sete teñen lugar en hoteis. Ao longo deste tempo, o número de turistas aloxados en establecementos hoteleiros aumentou un 23%, pasando de 3,4 en 2009 a case 4,2 en 2018. Ademais, a cifra de pernoitas que realizaron estivo preto dos 8,5 millóns, o que supón unha suba do 13,7%.
« Anterior | 2  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (167)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES