Archivo (8 del 2018)

Buscador

Noticias

Atardecer no Gaiás chega xa á penúltima semana da súa edición 2018. Nesta ocasión, o ciclo de concertos que pon a banda sonora aos solpores do verán na Cidade da Cultura trae tres apostas orixinais, sorprendentes e reivindicativas chegadas de tres recantos da Península: Rodrigo Cuevas (Asturias), Pony Bravo (Andalucía) e Las Odio (Madrid). Os encargados de arrancar a semana este xoves serán o grupo sevillano Pony Bravo, que traerá ao Gaiás o característico humor que tingue as súas letras ‘protesta’, á vez que un directo sempre encomiado que os ten levado a festivais como o Primavera Sound e a cidades como Bos Aires ou Caracas.
O sector turístico galego pode solicitar xa as axudas para a certificación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), convocadas por Turismo de Galicia e ás que poderán concorrer establecementos de turismo rural e hoteleiros, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos, axencias de viaxes, cafeterías, bares, restaurantes e empresas de servizos complementarios.
A Cidade da Cultura programa para as noites dos venres de final do verán unha descuberta diferente e distendida das grandes exposicións que acolle arestora o Museo Centro Gaiás: Baldomero Pestana, a verdade entre as mans e Galicia Universal. A arte galega nas colección de ABANCA e Afundación. Será a través das Nocturnas, unhas visitas comentadas moi especiais, fóra do horario habitual de apertura do centro, que rematarán da mellor maneira: con boa música e petiscos.
A Consellería de Medio Ambiente vén de resolver dúas ordes de axudas para acometer nos anos 2018 e 2019 actuacións de preservación, recuperación e mellora en espazos incluídos na Rede Natura 2000 e no ámbito dos parques naturais de Galicia. En total, son 224 proxectos por un importe de 3.063.802,30 euros, un 61,5% máis que a contía concedida na convocatoria anterior. A través destas dúas ordes de axudas financiaranse investimentos non produtivos para acadar os obxectivos agroambientais e climáticos no ámbito da Rede Natura 2000 e dos parques naturais de Galicia.
A Xunta de Galicia, a través do seu Comité de Plan de Calor, no marco do Plan de Actuacións fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, informa dunha situación de alerta de vaga de calor en 43 concellos. Segundo informa Meteogalicia, agárdanse valores de temperatura máxima moi semellantes aos acadados onte. Isto quere dicir que novamente se superarán os 37ºC no Miño de Ourense e Pontevedra, Sur de Lugo e Valdeorras. Ademais, en moitos puntos do centro e sur da Comunidade as máximas superarán os 34ºC.
Un total de 114 novos centros sostidos con fondos públicos incorporarán o libro dixital nas súas aulas por primeira vez o próximo curso 2018/19, polo que o proxecto de educación dixital, E-Dixgal, acada os 267 centros beneficiados (un 70% máis que o curso pasado) e chegará a 18.000 alumnos, un 55% máis. Todos eles -estudantes de 5º e 6º curso de Primaria e 1º e 2º de ESO- recibirán unha ensinanza completamente dixital. Do total dos 267 centros E-Dixgal, 91 son da provincia da Coruña (38 novos para o vindeiro curso), 49 de Lugo (24 novos), 19 de Ourense (11 novos) e 108 de Pontevedra (41 novos). Por ensinanzas, do total de 114 novos centros, 66 deles incorporan o libro dixital na etapa de Primaria, 41 en Secundaria e outros 11 fano en Primaria e Secundaria.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, aseverou hoxe que o maior orzamento da historia da comunidade para maiores e discapacidade permitirá chegar neste 2018 aos 60.000 dependentes atendidos, adiantando dous anos o cumprimento dun obxectivo que se tiña previsto acadar a finais da lexislatura, en 2020. Durante unha visita ás instalacións do novo centro de día e residencia de maiores do Concello de Cervo, Feijóo precisou que o orzamento total de 414 millóns de euros para este ano pon de manifesto que a achega para esta área medrou un 50% nestes nove anos
O ciclo de concertos ao solpor Atardecer no Gaiás continúa en agosto con tres propostas tranquilas e ben diferentes para musicar os xoves, venres e sábados do verán na Cidade da Cultura. O encargado de pórlle banda sonora á primeira das citas deste mes será Yuri Méndez, co seu proxecto Pajaro Sunrise. O traballo do cantante, músico, compositor e produtor nado en León oscila entre o pop, o folk e a música electrónica cantada en inglés. Os seus temas, ás veces divididos entre letras melancólicas e melodías alegres, foron escollidos para musicar desde series de televisión a anuncios publicitarios, entre os que destaca por ter aparecido, por exemplo, na serie norteamericana Castle.
Galicia é a Comunidade na que más baixou o paro en xullo, e na que máis creceron as afiliacións á Seguridade Social na evolución mensual. Na evolución mensual, o desemprego baixou nun -3,91% e as afiliacións subiron nun 1,49%, o que supón 15.046 afiliados máis á Seguridade Social, superando, ademais, o ritmo de incremento do Estado nun 1,3%. É, polo tanto, o segundo mes consecutivo no que Galicia se comporta mellor que a media nacional. Con respecto á evolución anual, Galicia pecha xullo co menor número de desempregados desde setembro de 2008.
« Anterior | 5  de  5 | Siguiente »

Archivo

2025 (320)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES