Archivo (8 del 2018)

Buscador

Noticias

O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, informou que o Executivo Provincial aprobou este venres en Xunta de Goberno 'DesenvolvendORural', o 1º Plan de desenvolvemento integral da provincia. Trátase do primeiro paso para a posta en marcha deste pioneiro plan, dotado con 2,2 millóns de euros, co que o Executivo da Deputación muda a súa política de emprego, dirixíndoa á promoción económica e social para impulsar e poñer en valor o rural lucense.
O turismo galego atravesa un momento de consolidación despois dun lustro de intensos crecementos. Na consecución dun modelo que afonda na calidade, o sector hoteleiro avanza en variables como o tempo medio que os viaxeiros permanecen en Galicia e as tarifas, cun crecemento do 5% e do 2,5% en xullo. Malia que a climatoloxía non foi a mellor no sétimo mes do ano, o sector soubo manterse e mesmo mellorar un punto a ocupación nas fins de semana.
Este domingo, van ser homenaxeados en Guitiriz os chamados “Irmáns da lexía”, catro mozos coruñeses represaliados en 1936. Dous deles, France e Bebel, foron fusilados; a Jaurés aplicáronlle a “Lei de fugas”, e Pepín salvou a vida exiliándose en Hispanoamérica. Selva, filla de Pepín, participará nos actos de homenaxe. Homenaxear aos “Irmáns da lexía” é unha teima de décadas de Alfonso Blanco Torrado, crego en Guitiriz e revitalizador da cultura da Terra Chá a través de Xermolos e a Irmandade Manuel María, sendo obra súa o anual Festival de Pardiñas.
A Xunta de Galicia apoia as adegas da Ribeira Sacra lucense con axudas directas que superan os 703.240 € e que permitiron mobilizar investimentos por valor de 1,9 millóns de euros, dirixidos a promover melloras nas súas instalacións e impulsar a súa actividade. Benefícianse un total de 14 adegas nos concellos de Sober, Chantada, Pantón e O Saviñao.
A Xunta reclama ao Goberno central que teña en conta a Galicia á hora de buscar solucións tras a solicitude xudicial de Invertaresa pedindo a liquidación das filiais deste grupo empresarial con 260 empregados, dos que 170 traballan na nosa Comunidade. A Consellería de Economía, Emprego e Industria remitiu a semana pasada unha carta á ministra de Industria, Reyes Maroto, na que se poñía á súa disposición para manter un encontro e buscar, a través dunha acción coordinada entre todas as administracións, que se manteñan a actividade produtiva e os postos de traballo.
Quedou aberta no Museo comarcal de A Fonsagrada a exposición “MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emigrante galego-poeta obreiro”, promovida por Galicia Digital, a familia do escritor e o Concello de Paradela, que permanecerá nesta localidade enclavada no Camiño Primitivo a Compostela ata mediados de outubro. Con este motivo, presentouse o libro “MANUEL RODRÍGUEZ LOPEZ, 25 ANOS DESPOIS”, que recolle medio cento de traballos literarios sobre o escritor de Paradela que foi e segue a ser ponte entre os galegos da terra e os da emigración en Catalunya.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e a directora de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, María Pereira, participaron esta mañá na plantación de parte dos bidueiros exhibidos na intervención artística Betula Pendula, que se puido visitar nas Torres Hedjuk entre o 21 de marzo e o 19 de agosto.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, acompañados polo alcalde de Baiona, Ángel Rodal Almuíña, realizaron esta mañá unha andaina polo Camiño Portugués da Costa promovida por este concello pontevedrés coa que conmemoraron o segundo aniversario do recoñecemento oficial desde itinerario xacobeo, que se fixo efectivo coa entrada en vigor da Lei do patrimonio cultural de Galicia en agosto do ano 2016. Desde que o Camiño Portugués da Costa acadara esta distinción, o número de peregrinos que o percorreron multiplicouse por cinco.
A Xunta destinará máis de 12,3 millóns de euros ás axudas dos programas de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade, da conservación e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivendas 2018- 2021, cuxa convocatoria publica hoxe o Diario Oficial de Galicia. Estas axudas están dirixidas aos propietarios das vivendas a rehabilitar, as comunidades e agrupacións de propietarios, cooperativas, empresas construtoras ou arrendatarias ou concesionarias de edificios de vivendas. Tamén poderán beneficiarse das subvencións os arrendatarios da vivenda que realicen a rehabilitación de acordo co propietario.
Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán ao solpor da Cidade da Cultura de Galicia, despediuse o sábado pasado, día 18, co reguetón feminista de Tremenda Jauría, tras 21 actuacións ao aire libre e de balde coas que bateu o seu récord de participación con máis de 16.000 asistentes. O cartel deste ano foi un fiel escaparate das tendencias musicais actuais. Deste xeito, deulle máis espazo ás músicas urbanas —como o trap de Rels B ou a cumbia-electrónica de La Redada— e evidenciou unha clara aposta polas voces femininas —maioría nesta edición— e nun abano amplo de rexistros desde o soul, jazz ou a bossa nova con Dom La Nena, Mordem e Nathy Peluso, entre outras.
« Anterior | 2  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (186)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES