
Precisamente, o concerto desta ecléctica artista, nada na Arxentina, foi o que maior número de asistencia rexistrou, seguido do tributo a Queen da Banda Artística de Merza e o coro vigués Gli Appassionati.
Neste senso, salientar que, como en anteriores edicións, o peso de artistas e formacións galegas continuou a ser importante, nesa liña do ciclo de dar a coñecer a actualidade musical de Galicia. Así, polo Escenario Alhambra da Praza Central do Gaiás pasaron Nastasia Zürcher; Oh! Ayatollah, A Banda da Loba, Baiuca e Fernando Barroso.
A programa desta edición de Atardecer no Gaiás para os xoves, venres e sábados do verán tamén reflectiu o panorama internacional de música e as novas tendencias como a fusión de ritmos tradicionais árabes e rap de N3rdistan ou o soul máis fresco de Shriley Davis & The Silverbacks, co que arrancou o ciclo o pasado 5 de xullo.
Con estas cifras de participación, este ciclo que conta coa colaboración do Instituto Nacional de las Artes Escénicas (Inaem) e o patrocinio de Cervezas Alhambra demostrou que continúa a ser unha das citas consolidadas de Verán no Gaiás, programación da Cidade da Cultura para os meses de estío e que está a despregar desde o 22 de xuño e ata o 21 de setembro preto de 70 actividades de cultura e de lecer, ao aire libre e en contacto coa natureza.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.