Archivo (12 del 2018)

Buscador

Noticias

Os Orzamentos para 2019 establecen un gasto de 9.850 millóns e entrarán en vigor o 1 de xaneiro, unha vez que esta lei se publique nos vindeiros días no DOG. As contas da Xunta para 2019 incrementan o gasto en 363 millóns, un 3,8%, o que permitirá reforzar o gasto social, facer máis investimentos, impulsar a creación de emprego e aplicar novas baixadas impostos. Galicia disporá así de 1.464 millóns máis que en 2014 co obxectivo de fortalecer unhas contas públicas centradas no crecemento, os servizos e as persoas.
A Cidade da Cultura de Galicia xa ten datas —do 7 ao o 16 de febreiro de 2019— para o festival máis vangardista das artes escénicas en Galicia, Escenas do cambio, no que se poderán ver dezasete obras escénicas, procedente de sete países (España, Portugal, Francia, Alemaña, Suíza, Polonia e Porto Rico) nunha programación que terá o privilexio de reunir nunha mesma edición a dous grandes referentes da vangarda, como son Esther Ferrer e Isidoro Valcárcel Medina. Estes dous tótems da cultura contemporánea teñen cadanseu Premio Nacional e o Premio Velázquez de Artes Plásticas, os recoñecementos de máis prestixio neste eido en España.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, defendeu hoxe en Bruxelas, no transcurso das negociacións do Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea, a necesidade de ter en conta o desenvolvemento da actividade da frota en relación coa entrada en vigor da obriga de desembarque de capturas en xaneiro de 2019. Neste sentido, fixo fincapé no compromiso acadado cando se aprobou a reforma da Política Común de Pesca a través da que se establece esta obriga, que consiste en que esta obriga de descartes cero non impida a posibilidade de desenvolver a actividade pesqueira.
Os traballos desta ampliación inclúen a intervención nas fachadas do edificio e a renovación completa das cubertas. Ademais, procederase ao illamento térmico do inmoble, xunto á realización de labores de fontanería, saneamento, electricidade, iluminación e telecomunicacións. A actuación tamén prevé a substitución de toda a estrutura portante do chan que se atopa en mal estado, refacer os forxados, a instalación dun ascensor de alta capacidade e de baños novos. Por outra banda, construirase unha escaleira de comunicación vertical que unirá todas as plantas do edificio.
Os galardóns que hoxe se entregaron contan con tres categorías: Premio Artesanía de Galicia 2018 (dirixido a obradoiros artesáns que representen as liñas desexadas para unha artesanía competitiva no mercado actual); Premio Traxectoria, de carácter honorífico (recoñecemento proposto polo propio sector); e Bolsa Eloy Gesto, que busca potenciar o relevo xeracional no sector, o acceso de novos talentos á artesanía e a súa profesionalización
Os portos de titularidade autonómica das Rías Baixas –franxa costeira entre Muros e Tui- recibiron 7.400 barcos en tránsito durante este ano, segundo datos facilitados polos propios xestores das instalacións náutico recreativas. Estas cifras reflicten unha suba interanual nesta actividade do 18% nas Rías Baixas. Así o sinalou esta mañá o presidente do ente público responsable da xestión destas infraestruturas, Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha rolda de prensa nas oficinas portuarias de Pontevedra.
Galicia baixou en tres décimas o seu endebedamento público no terceiro trimestre do ano, ata situalo no 18,3%, e xa é a cuarta comunidade autónoma con menos débeda de toda España, só por detrás de Madrid, País Vasco e Canarias, segundo ratifican os datos publicados hoxe polo Banco de España. Ao finalizar o terceiro trimestre do ano, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 18,3%, dúas décimas por debaixo da rexistrada no mesmo período do ano anterior e tres décimas por debaixo da rexistrada no segundo trimestre. Ademais, o diferencial positivo de Galicia respecto á media autonómica (24,4%) mantense en 6,1 puntos, cando en 2008 estaba igualado á media.
O salario medio anual en Galicia ascendeu no ano 2017 a 18.463 euros, o que supón a cifra máis alta de toda a serie histórica, segundo revela o último Estudo sobre Salarios que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) correspondente ao ano pasado. Este estudo mostra que no ano 2017 consolidouse a tendencia á alza das retribucións que perciben os traballadores galegos. O pasado ano foi o terceiro consecutivo no que se rexistrou un incremento dos salarios, que no caso de Galicia supuxo unha suba do 1,92% no salario medio anual, un crecemento maior que no conxunto de España, onde foi do 1,78%.
O congreso enmárcase dentro do proxecto Cultura en diálogos iniciado en 2000, que gañou o Premio Ibermuseos na Convocatoria de Conversacións 2017. Nel participan diferentes museos españois, americanos e europeos, coa intención de establecer canles de diálogos entre ambos os dous continentes e construír colaboracións entre a Rede Museística Provincial e asociacións de inmigrantes en América do Sur. O congreso terá lugar ata o 18 de decembro, coincidindo a súa clausura co Día Internacional do Emigrante.
Este mércores tivo lugar o acto de presentación, no Polígono Industrial da Granxa, no Porriño, do Centro Tecnolóxico Galego do Videoxogo. O Centro nace co obxectivo de servir de punto de encontro para todos aqueles proxectos que teñan como base os videoxogos pero tamén, como transferencia tecnolóxica desde o sector do videoxogo cara a outras empresas e industrias. Actualmente o centro conta con 6 traballadores en persoal e, a previsión é crecer ata os 20 traballadores en 2019 aumentando os actuais proxectos e servizos que pon o centro a disposición das empresas de videoxogos e da industria en xeral.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (198)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES