Noticias

A chegada de embarcacións en tránsito medrou un 18% interanual na franxa das Rías Baixas

Os portos de titularidade autonómica das Rías Baixas –franxa costeira entre Muros e Tui- recibiron 7.400 barcos en tránsito durante este ano, segundo datos facilitados polos propios xestores das instalacións náutico recreativas. Estas cifras reflicten unha suba interanual nesta actividade do 18% nas Rías Baixas. Así o sinalou esta mañá o presidente do ente público responsable da xestión destas infraestruturas, Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha rolda de prensa nas oficinas portuarias de Pontevedra.

Así mesmo informou de que o porto de Muros foi o máis transitado de Galicia, con 1.277 barcos, seguido do porto deportivo de Combarro, con 937. Por municipios, Sanxenxo foi o concello con máis chegadas, 1.134 nos peiraos de Portonovo e de Sanxenxo, seguido de Baiona.

Durante a rolda de prensa en Pontevedra, Durán Hermida presentou tamén o balance de tránsitos na provincia de Pontevedra, onde esta actividade experimentou unha forte suba que acadou o 50%, situándose en 4.538 os barcos recibidos no conxunto da provincia. Polo que respecta á ría de Pontevedra, rexistráronse 2.500 barcos, un 13% máis que en 2017.

Deste xeito, a provincia de Pontevedra confirma a consolidación desta actividade portuaria no conxunto da comunidade, que experimentara xa nos pasados anos un importante ascenso e que está a manter os bos resultados. Neste sentido, o conxunto dos peiraos autonómicos de Galicia recibiron en 2018 preto de 10.150 barcos, o que supón unha suba interanual global do 5%.

Ademais, o presidente de Portos de Galicia subliñou que, por primeira vez, Galicia rebasa a barreira dos 10.000 tránsitos nun ano, o que proba a tendencia á alza desta actividade. Así mesmo insistiu en que para Portos de Galicia, a captación de novos tránsitos é unha liña de traballo estrutural, tal como se recolle no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020, que o ente público está a poñer en práctica. Para impulsar estas chegadas, estanse a desenvolver accións promocionais dos portos deportivos de Galicia a nivel nacional e internacional, como a recente presenza nos salóns náuticos de Southampton (Reino Unido), La Rochelle (Francia), París ou a participación prevista no vindeiro mes de xaneiro en Fitur.

R., 2018-12-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendios-camions.jpeg) O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no período anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da Consellería do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento. Entre 2019 e 2024 investiuse un total de 2,6 millóns de euros, permitindo a realización de 159 accións formativas e case 469.000 horas lectivas.
Foto de la tercera plana (fp-taller.jpg) O 58% dos 855 ciclos de Formación Profesional ofertados para o próximo curso en Galicia complétanse na primeira adxudicación de prazas pechada onte pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, e que dá dereito a matricula. Segundo os datos recabados, un total de 56.049 persoas presentaron solicitude para cursar algunha modalidade de Formación Profesional, o que representa un incremento do 3,5% (1.898 solicitudes máis) con respecto ao curso 2024-25, e supón acadar de novo un máximo histórico que confirma o interese que espertan estas ensinanzas.

Notas

A revista científica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC), abre unha nova vía na procura de física máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
Aínda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES