Archivo (11 del 2018)

Buscador

Noticias

O pleno da Deputación da Coruña aprobou, cos votos favorables do PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños e o voto en contra do Partido Popular, o orzamento da institución provincial para o exercicio 2019, que ascende a 183.609.300 de euros. Isto supón un incremento de 4,65 millóns de euros, un 2,60% máis que no presente exercicio. Un ano máis, todos os investimentos e plans da Deputación financiaranse con recursos propios, sen apelación ao crédito, polo que se manterá a situación de “débeda cero”.
Os dispositivos de urxencias do Servizo Galego de Saúde atenden cada día 7.000 urxencias na nosa comunidade, 3.000 delas nos servizos hospitalarios da rede sanitaria pública. Así o destacou hoxe no Parlamento de Galicia o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, quen remarcou que os servizos de urxencias dos hospitais do Sergas son un dos servizos mellor valorados pola cidadanía galega. Neste senso, lembrou que segundo os datos do Barómetro sanitario, o 84,7% da poboación galega considera bo ou moi bo este servizo, o que supón 6,6 puntos porcentuais máis que o da media do Sistema Nacional de Saúde (78,1%).
Inaugurouse hoxe o Congreso Internacional da Asociación Española de Ciencias do Deporte, que ten lugar na Coruña ata o vindeiro venres día 23. A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez incidiu na importancia da investigación científica do feito deportivo e salientou a labor dos poñentes e conferenciantes do Congreso polo seu traballo “tentando dar respostas nos distintos ámbitos, desde o terreo científico ata as solucións técnicas e tecnolóxicas”. A titular do Deporte galego enfatizou que “o deporte é un feito básico e piar fundamental para a transformación e desenvolvemento da sociedade e ocupa un espazo fundamental na acción do goberno da Xunta de Galicia”.
As bandas galegas terán unha importante presenza na décima edición da Monkey Week Son Estrella Galicia, que por terceiro ano consecutivo se celebra en Sevilla. Once delas desprázanse ata a capital sevillana co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, a través do acordo acadado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a organización deste encontro internacional para dar conta –baixo a marca GalicianTunes– da puxanza da nosa escena musical independente a nivel estatal. Novedades Carminha é, por exemplo, un dos cabezas de cartel da que é a edición máis grande, profesional e internacional da Monkey Week, que se desenvolve durante toda a semana en numerosos escenarios de Sevilla.
Galicia Skills 2018 xuntará máis de 130 alumnos de 52 centros públicos de Formación Profesional para medir as súas destrezas en 26 modalidades formativas. A competición, organizada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional desenvolverase do 28 ao 30 de novembro no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda. O obxectivo é poñer en valor o labor dos centros, do profesorado e do alumnado da FP galega. Os gañadores das diferentes destrezas representarán a Galicia no torneo nacional que terá lugar en Madrid o vindeiro ano.
Estas medidas se estruturan en torno a tres eixes: No primeiro eixe, no que se refire á atención ás vítimas, ampliarase a Rede Galega de acollemento. No segundo eixe enfocado á prevención e sensibilización, no que se refire ao eido educativo o Goberno galego impulsará na totalidade de centros educativos programas de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. No terceiro eixe, a Xunta elaborará unha nova a macroenquisa sobre a percepción da violencia de xénero en Galicia a que permitirá extraer conclusións para a orientación das políticas publicas neste ámbito, e co gallo de afondar de xeito específico nesta cuestión, promoveremos un estudo da incidencia da violencia de xénero no ámbito rural e as súas particularidades.
A oitava edición de AuGAL, a Master Class do Audiovisual Galego, arrancará este mes de novembro con cadanseu obradoiro sobre cor e dirección de fotografía, que se desenvolverán na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra os vindeiros días 26 e 27, respectivamente.Estas serán as primeiras das oito sesións programadas ata mediados de abril no marco desta iniciativa formativa que promoven a Agadic e a Universidade de Vigo.
Trátase dun servizo de atención psicolóxica especializada que terá carácter inmediato e que se prestará a requirimento das forzas e corpos de seguridade en todos os partidos xudiciais galegos nos momentos posteriores a unha agresión ou situación violenta. Activarase a través dunha chamada ao Teléfono de Información ás Mulleres que contactará co psicólogo ou psicóloga correspondente para que acuda ao lugar demandado, o que facilitará prestar atención psicolóxica nun dos momentos máis determinantes para as vítimas de violencia de xénero.
Os orzamentos para 2019 establecen un gasto de 9.850 millóns de euros, cun incremento de gasto de 363 millóns respecto a este ano. Estas contas permitirán reforzar o gasto social, aumentar os investimentos, impulsar a creación de emprego e aprobar novas baixadas de impostos. A previsión de evolución do PIB galego para 2019 é do 2,5%, de xeito que Galicia seguirá medrando máis que a economía española. En termos de emprego, a previsión é seguir rebaixando a taxa de paro, ata situala o vindeiro ano no 12,7%.
O Campionato Mundial de Xadrez Cadete está organizado polas federacións galega, española e internacional de xadrez, co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña e o Consejo Superior de Deportes. Ademais, colaboran neste evento a asociación de empresarios Compostela Monumental, GADIS, AENA, Área Central, LaLiga4Sports e Chess24. A cerimonia de clausura contou coa presenza do presidente da Federación Internacional de Xadrez (FIDE), Arkady Dvorkovich, e os seus homólogos na federación española e galega, Francisco Javier Ochoa de Echagüen e Gaspar Pérez Carnero.
« Anterior | 3  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (209)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES