Archivo (11 del 2018)

Buscador

Noticias

Na cidade do Douro, darase cita medio centenar de representantes das 37 empresas audiovisuais acreditadas este ano, cifra que dá conta do progresivo incremento do nivel de participación neste foro bilateral, orientado a impulsar e normalizar a colaboración entre os sectores audiovisuais galego e luso. Pola banda galega, desprazaranse 14 empresas: Agallas Films, Congo Producciones, Control Z, Ficción Producciones, Filmax, Filmika Galaica, Mondotropo, OlloVivo, Portocabo, Sete Media, Somadrome, Sun Lúa, Voz Audiovisual e Zenit TV. En canto á delegación portuguesa, asistirán 23 produtoras.
Sonidos Mans, o programa de apoio ao talento musical organizado pola Fundación Paideia Galiza acaba de pechar a súa segunda edición, durante a que cinco bandas emerxentes tiveron a oportunidade de tocar en diferentes festivais galegos de verán, así como de gravar un tema e un vídeo. Os grupos pontevedreses Innertes e La Cloaka Sound & J.C.A. foron elixidos xunto a The Niftys (Albacete), The Dawlins (Madrid) e Doña (Navarra) para participar nesta iniciativa. O Son do Camiño, PortAmérica, Vive Nigrán, Atlantic Fest, SinSal Son Estrella Galicia, Revenidas, O Marisquiño e Festival de la Luz foron os oito eventos colaboradores desta segunda edición e os encargados de seleccionar que bandas.
A Cidade da Cultura de Galicia celebrou hoxe a primeira edición de Contornos e contornas. Unha visión transdisciplinar sobre a arquitectura, na que profesionais da arquitectura, psicoloxía e pedagoxía procuraron crear un clima de reflexión e de propostas en común sobre accións e medidas a executar nos recintos educativos para mellorar a habitabilidade, benestar e o clima de aprendizaxe, tirando proveito dos respectivos coñecementos destas disciplinas. Nesta primeira edición, o obxecto de análise son os recintos educativos, coa intención de acadar un clima de reflexión conxunta entre profesionais da arquitectura e as ciencias sociais.
Este programa está no ecuador da súa execución coa participación de máis de 50 axentes entre administracións, socios tecnolóxicos e pemes que se foron incorporando neste tempo. Xunto co Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), os socios tecnolóxicos -Indra e Babcock-, e as pemes e centros tecnolóxicos, o proxecto vén de sumar a participación de Boeing. O polo aeroespacial xa leva mobilizado máis de 50M€ e superará os 400 postos de traballo, e o obxectivo é seguir traballando para pasar dos proxectos de innovación ao desenvolvemento industrial deste sector.
A feira das industrias culturais Culturgal anunciou hoxe a programación completa que desenvolverá do 30 de novembro ao 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra baixo o lema Ti marcas o compás. Será a undécima edición deste evento. Un ano máis, a Asociación Culturgal, da que forman parte cinco asociacións profesionais que representan máis de 150 empresas do sector, encárgase da organización deste multitudinario evento, que o ano congrega arredor de 15.000 visitantes.
O artista José Rosendo Cid Menor (Ourense, 1974) foi o gañador do I Premio CGAC de Investigación e Ensaio polo texto A arte está feita dunha materia incerta e fragmentaria. O galardón, dotado con 3.000 euros, implica tamén a súa publicación, co que inaugurará unha nova colección titulada CGAC_Ensaio. Coa posta en marcha deste premio, o CGAC avanza no seu obxectivo de promover o coñecemento e o acceso do público á arte contemporánea nas súas diversas manifestacións e de favorecer a comunicación social das artes plásticas. Con este fin, o centro vén desenvolvendo un importante traballo editorial no eido da arte contemporánea.
Galicia repite un mes máis como a comunidade autónoma que mellor paga aos seus provedores, ao acadar no mes de setembro un período medio de pago de 14 días, fronte aos 39 días de media autonómica, segundo os datos oficiais do mes de referencia publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. Ao peche do terceiro trimestre, o período medio de pago de Galicia situouse 16 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días.
Galicia empezará a traballar na Axenda Dixital Post-2020, que contará cun polo Gaiás-Dixital e cun Comité de intelixencia artificial. Esta estratexia contará con tres obxectivos: reforzar o papel de liderado do sector público para buscar respostas novas ao desafíos actuais e futuros, empregando todo o potencial da tecnoloxía; impulsar a capacitación de novos perfís especializados adaptados aos cambios no mercado laboral e atraer talento dixital; e aproveitar o potencial das novas tendencias tecnolóxicas fomentando o emprendemento e o crecemento das ideas. Nesa estratexia, o polo Gaiás-Dixital será o nodo rexional de referencia nas redes transeuropeas e permitirá abrir portas cara á compartición de infraestruturas tecnolóxicas no marco do mercado dixital único que promove a Unión Europea.
Así o constatan os resultados da última Enquisa de Confianza Turística Empresarial publicada por Exceltur. O estudo sitúa a Galicia como o segundo destino da España Verde con mellores perspectivas turísticas por parte dos profesionais para este último trimestre do ano. De feito, o 79,1% dos empresarios galegos amosa o seu optimismo de cara a manter ou mellorar resultados, por riba do resto de destinos da España Verde, agás do País Vasco. O turismo ten cada vez máis peso na Comunidade como actividade xeradora de riqueza, que supón o 11% do PIB e o 12% do emprego.
A XI Xornada de recursos educativos en galego está fundamentalmente dirixida a alumnadoe persoal das tres universidades galegas, e a profesionais da docencia musical. Céntrase na educación musical e ten como obxectivos dar a coñecer os recursos educativos existentes en lingua galega para abordala, definir estratexias e criterios para buscalos e escolmalos, promover a creación de recursos educativos e de materiais didácticos propios adaptados ás necesidades contextuais e lingüísticas de Galicia e impulsar a difusión de experiencias educativas centradas na utilización e elaboración de recursos didácticos en galego.
« Anterior | 2  de  6 | Siguiente »

Archivo

2024 (189)

2023 (515)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES