Noticias

O polo aeroespacial de Galicia avanza con proxectos nos que traballan 50 axentes e que xa están a mobilizar máis de 50M€

Este programa está no ecuador da súa execución coa participación de máis de 50 axentes entre administracións, socios tecnolóxicos e pemes que se foron incorporando neste tempo. Xunto co Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), os socios tecnolóxicos -Indra e Babcock-, e as pemes e centros tecnolóxicos, o proxecto vén de sumar a participación de Boeing. O polo aeroespacial xa leva mobilizado máis de 50M€ e superará os 400 postos de traballo, e o obxectivo é seguir traballando para pasar dos proxectos de innovación ao desenvolvemento industrial deste sector.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo esta mañá unha reunión coas empresas que están a colaborar no desenvolvemento do polo aeroespacial de Galicia para avaliar o avance deste proxecto no que se están a impulsar iniciativas que mobilizarán preto de 165 millóns de euros.

Tal e como explicou, o programa está no ecuador da súa execución coa participación de máis de 50 axentes entre administracións, socios tecnolóxicos e pemes que se foron incorporando neste tempo. Neste sentido, destacou que xunto co Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), os socios tecnolóxicos -Indra e Babcock-, e as pemes e centros tecnolóxicos, o proxecto vén de sumar a participación de Boeing, “unha magnífica noticia para contar con empresas tractoras que permitan avanzar nos diferentes programas de innovación”, destacou e informou que o polo aeroespacial xa leva mobilizado máis de 50M€ e superará os 400 postos de traballo.

Conde asegurou que o obxectivo é seguir traballando para pasar dos proxectos de innovación ao desenvolvemento industrial deste sector. Así, avanzou os proxectos que se van poñer en marcha nos vindeiros meses, como o parque industrial que se vai construír nas instalacións de Rozas, cun investimento de 2,4M€ prevé, nunha primeira fase, desenvolver 30.000m2 cunha dispoñibilidade inicial para a implantación de sete naves. Tamén se referiu á aceleradora aeronáutica de Lugo que botará a andar nas próximas semanas coa convocatoria da primeira das súas tres edicións previstas e nas que se espera mobilizar un mínimo de 4,75M€ dando soporte a 19 empresas e a creación de 60 empregos directos.

En canto ao Programa de Solucións, lembrou que están adxudicados nove dos 10 contratos licitados. En concreto, tres centrados no desenvolvemento de solucións para a xestión do territorio, tres para a mellora da competitividade do sector agrícola, dous para a seguridade e actividade da frota pesqueira e control e calidade das augas e un, liderado por Boeing, para a xestión do tráfico aéreo e a convivencia entre aeronaves tripuladas e non tripuladas.

Conde finalizou destacando a complementariedade das iniciativas que se están a realizar en Rozas e así explicou que, mentres os socios tecnolóxicos Indra e Babcock están a desenvolver en colaboración con pemes e centros tecnolóxicos catro plataformas (entre avións non tripulados e un dron mariño) e as súas aplicacións, proxectos como o que realizará Boeing será fundamental para permitir a súa convivencia con avións tripulados e avanzar no eido da seguridade e o control aéreo.

R., 2018-11-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES