Noticias

Inaugurado o Congreso Internacional da Asociación Española de Ciencias do Deporte que se celebra na Coruña ata o día 23

Inaugurouse hoxe o Congreso Internacional da Asociación Española de Ciencias do Deporte, que ten lugar na Coruña ata o vindeiro venres día 23. A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez incidiu na importancia da investigación científica do feito deportivo e salientou a labor dos poñentes e conferenciantes do Congreso polo seu traballo “tentando dar respostas nos distintos ámbitos, desde o terreo científico ata as solucións técnicas e tecnolóxicas”. A titular do Deporte galego enfatizou que “o deporte é un feito básico e piar fundamental para a transformación e desenvolvemento da sociedade e ocupa un espazo fundamental na acción do goberno da Xunta de Galicia”.

Lembrou ademais que na SXD “traballamos para que o Deporte entre na vida diaria de cada galego e galega conscientes dos grandes valores que achega a súa práctica e os beneficios que esta supón para a saúde de toda a sociedade no seu conxunto”. Por este motivo, remarcou, “tentamos fomentar a actividade deportiva de modo transversal desde a educación ata o ámbito da igualdade, desde a sanidade ata o ámbito laboral, apoiando aos deportistas de base e no alto rendemento”.

Marta Míguez resaltou o traballo dos profesionais que participan no Congreso Internacional da Asociación Española de Ciencias do Deporte e subliñou a importancia das súas achegas en medicina, fisioloxía, biomecánica , psicoloxía e socioloxía do deporte, o ámbito educativo, o adestramento deportivo e mesmo coa utilidade do socorrismo e os primeiros auxilios en emerxencias deportivas.

A secretaria xeral para o Deporte explicou que o traballo dos expertos nos distintos ámbitos vinculados ao feito deportivo “é fundamental para o seu desenvolvemento e garante o seu futuro nas mellores condicións” e felicitou aos poñentes e expertos que participan da décima edición deste congreso internacional “por ser parte co-responsable dos avances e innovacións técnicas dos últimos anos”. Neste sentido animoulles a “seguir progresando para ofrecer máis posibilidades e beneficios aos nosos cidadáns e deportistas” porque, engadiu “se sabemos coidar aos nosos deportistas estaremos mellorando a calidade de vida da poboación e creando unha Galicia mellor, máis saudable e activa, apoiada no bo traballo de grandes profesionais”.

R., 2018-11-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES