Buscador
Noticias
Espazos Sonoros regresa un ano máis cunha programación que volve propoñer un diálogo entre música e patrimonio, convidando o público a descubrir espazos de especial valor histórico e cultural da provincia da Coruña a través da experiencia artística. Organizado pola Deputación da Coruña, o ciclo desenvolverase entre o 5 de setembro e o 8 de outubro. Serán seis concertos en enclaves patrimoniais da provincia, e unha última cita en Viena, onde o festival renovará a súa colaboración coa sala Sargfabrik.
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da UDC será o anfitrión do III Congreso Internacional Solar MHD, un encontro científico de referencia que reunirá a persoal investigador de todo o mundo durante a semana da eclipse solar total do 12 de agosto de 2026, un fenómeno que converterá a España nun dos principais escenarios para a observación.
O Neolítico Final foi un período de profundos cambios sociais en toda a Península Ibérica. Con todo, en Galicia existe un importante oco de coñecemento sobre como vivían e como morrían as persoas que habitaron ese tempo. Agora, unha investigación liderada polo catedrático da USC Antonio Martínez Cortizas acaba de publicar dous traballos científicos que permiten afondar na vida das persoas que facían olaría hai 5.000 anos.
Dez universidades de España acaban de constituír ConfIA, a Rede Interuniversitaria de Centros de Excelencia en Intelixencia artificial Confiable e Responsable, unha iniciativa que reúne algúns dos principais centros de investigación en intelixencia artificial do Estado co obxectivo de fortalecer a colaboración científica, coordinar iniciativas estratéxicas e contribuír ao desenvolvemento dunha intelixencia artificial responsable, confiable e aliñada cos valores europeos.
O profesor Alberto Vaquero é o novo director do Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense acreditado e financiado pola Xunta de Galicia. Relevando no cargo a Roberto Ignacio Fernández, o novo responsable asume con ilusión e ganas a dirección dun Campus Auga que, afirma, 'ten que ser o selo de calidade para o noso campus de Ourense'.
A electrónica orgánica promete revolucionar sectores como os da electrónica de consumo, a saúde ou a xeración de enerxía grazas á súa flexibilidade, lixeireza e baixo custo de fabricación. Comprender como inflúe o proceso de produción no comportamento destes materiais é o obxectivo da pescuda que desenvolveu Jesika Asatryan.