Notas de prensa

Espazos Sonoros leva a música histórica a seis enclaves patrimoniais da provincia e reforza a súa proxección internacional cunha nova cita en Viena

Espazos Sonoros regresa un ano máis cunha programación que volve propoñer un diálogo entre música e patrimonio, convidando o público a descubrir espazos de especial valor histórico e cultural da provincia da Coruña a través da experiencia artística. Organizado pola Deputación da Coruña, o ciclo desenvolverase entre o 5 de setembro e o 8 de outubro. Serán seis concertos en enclaves patrimoniais da provincia, e unha última cita en Viena, onde o festival renovará a súa colaboración coa sala Sargfabrik.

A programación arrancará o 5 de setembro na igrexa de San Tomé de Monteagudo, en Arteixo, coa actuación de Le Miroir de Musique. Continuará o 12 de setembro no Teatro-Cine Alfonsetti de Betanzos con Das Kolorit; o 19 de setembro, no santuario da Nosa Señora da Laxe de Vilasantar, con Reïna Lupa; o 26 de setembro, na igrexa de Santiago da Pobra do Deán, na Pobra do Caramiñal, con Sara Ruiz; e o 27 de setembro, no Forno do Forte de Malpica de Bergantiños, co Dúo Abeiro. O 3 de outubro, Grupo 1500 ofrecerá o último concerto da programación galega na igrexa de San Nicolao de Cis, en Oza-Cesuras.

O ciclo concluirá o 8 de outubro en Viena coa terceira edición do Serán Galego en Viena (Galicische Nacht in Wien), unha iniciativa froito da cooperación entre Espazos Sonoros e Sargfabrik que contribúe a difundir a creación musical galega nun contexto internacional.

O deputado de Patrimonio, Xosé Penas, destacou que Espazos Sonoros é "un proxecto plenamente consolidado no panorama estatal", que combina excelencia artística e posta en valor do patrimonio como ferramenta de dinamización cultural e social do territorio. "É un festival cunha identidade propia, afastado das modas e dos grandes eventos masivos, que aposta por outra maneira de vivir a música e de achegarse ao patrimonio", sinalou.

Penas subliñou tamén o compromiso da Deputación cun modelo cultural que "prioriza a calidade, a creación de públicos e a apertura do patrimonio á cidadanía", ao tempo que reivindicou a necesidade de apoiar proxectos estables que dean visibilidade tanto aos artistas galegos como ás propostas internacionais. Neste sentido, puxo en valor a continuidade da colaboración con Sargfabrik, que permitirá que o festival chegue por terceiro ano consecutivo a Viena e continúe ampliando a súa proxección europea.

O deputado incidiu ademais na importancia da cooperación entre institucións para facer posible iniciativas deste tipo e agradeceu o traballo da dirección artística e de todo o equipo de Espazos Sonoros, "un proxecto que comeza a prepararse cando remata a edición anterior e que é posible grazas á implicación e ao coñecemento das persoas que o fan realidade".

Actividades

Como en edicións anteriores, cada concerto irá acompañado dunha proposta do programa "Coñece o teu patrimonio", que permitirá descubrir a historia e os valores culturais de cada enclave. O público poderá participar nunha visita guiada á igrexa de San Tomé de Monteagudo; nun percorrido polo Betanzos monumental; nun paseo polos muíños do río das Gándaras, en Vilasantar; na ruta "A Pobra de Valle-Inclán: un paseo entre historia e literatura"; nunha visita ao Forno do Forte centrada na tradición oleira; e nun percorrido narrado por Quico Cadaval arredor da igrexa de Santa María de Cuíña, en Oza-Cesuras.

Deputación da Coruña, 2026-08-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Así o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos países e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.

Notas

A iTERRA Night 2026 achegará o 25 de setembro a investigación que se realiza dende o Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible do Campus Terra da USC á cidadanía a través dunha tarde de ciencia, experimentación e aprendizaxe para diferentes idades. A iniciativa desenvólvese no soto da Praza de Abastos lucense como evento asociado á European ResearchersÂ’ Night, unha iniciativa das Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA).
Os laboratorios do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo (CINBIO), pertencente á Rede Cigus, volveron converterse nun espazo aberto á cidadanía coa celebración dunha nova edición da súa xornada de portas abertas, unha iniciativa integrada no programa de divulgación científica Ciencia con C de CINBIO. Máis de 80 persoas de diferentes idades participaron nesta actividade, deseñada para achegar a investigación que se desenvolve no centro ao público dun xeito participativo e próximo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES