Archivo (6 del 2025)

Buscador

Noticias

Coordinado pola UVigo e financiado polo programa comunitario Jean Monnet, o proxecto RightsEU buscar achegar ao profesorado de FP unha formación específica sobre a Unión Europea, que poña o foco nos dereitos sociais e laborais da cidadanía, coa idea que as e os docentes poidan posteriormente implantar os principios e dereitos sociais e europeos nos seus programas.
A Alameda de Santiago será esta fin de semana o escenario de Compos(tech)la, un dos múltiples eventos do proxecto Santiago en Vivo para fortalecer o tecido empresarial e dinamizar a economía. A feira tecnolóxica contará co protagonismo da Universidade de Santiago, que levará durante o sábado e o domingo ao parque compostelán algúns dos seus centros de investigación e servizos.
Esta mañá tivo lugar a presentación oficial de resultados do proxecto AI-Vidda, unha iniciativa colaborativa e multidisciplinar que busca incrementar os anos de vida saudable en persoas maiores a través da intelixencia artificial e a biotecnoloxía. O acto celebrouse no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e congregou a todos os socios do consorcio galego, no que o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, desenvolve un labor destacado no deseño e implementación de modelos avanzados de linguaxe natural.
Os investigadores da USC, Juan Manuel Ruso Veiras e Ramón Rial, lograron desenvolver unha plataforma microfluídica multifásica que permite fabricar modelos tridimensionais de cancro dentro de fibras de hidroxel 'cun nivel de control e reprodución ata agora inédito'. Este sistema reproduce con gran fidelidade as condicións dun tumor real, é dicir, as presións internas, a dispoñibilidade de nutrientes, o contacto entre as células malignas e as células da contorna, nunha única fibra estable, ademais de facilitar enormemente a manipulación experimental.
Desde o luns ata o venres 6, máis de 900 profesionais da Ciencia Ecolóxica procedentes de máis de 100 institucións de 20 países diferentes participan en Pontevedra no III Congreso da Sociedade Ibérica de Ecoloxía (SIBECOL) e o XVII Congreso Nacional da Asociación Española de Ecoloxía Terrestre (AEET). Este ano, desenvólvense coa colaboración das Universidades de Santiago e de Vigo, o CSIC, a Misión Biolóxica de Galicia, o Concello e a Deputación de Pontevedra.
Como cada mes de xuño desde hai catro anos, a Universidade de Vigo convértese durante dous días no punto de encontro de especialistas nacionais e internacionais nos eidos da nanociencia, a nanomedicina e a nanoquímica, co gallo da celebración do The Thinking Institute. Este mediodía arrancou no edificio de Ciencias Experimentais do campus universitario de Vigo a cuarta edición deste encontro científico internacional, impulsado polo catedrático e investigador Luis Liz Marzán co apoio do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da UVigo (CINBIO).
« Anterior | 1  de  1 | Siguiente »

Archivo

2025 (165)

2024 (365)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES