Archivo (10 del 2024)

Buscador

Noticias

A Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da UDC celebrará o 16 e 17 de outubro as xornadas 'Foro Riazor: Global Maritime Sustainability', como conmemoración do Día Internacional contra o Cambio Climático (24 de outubro) para analizar as vías de descarbonización do sector marítimo. Daranse cita empresas referentes do sector para debater sobre regulacións, novas tecnoloxías e oportunidades laborais no mar.
'Sodes o futuro'. Así se dirixiu o vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, ao máis dun cento de participantes no I Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora do Campus Terra que botou a andar este luns na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC. Lugo convértese en capital da investigación e a divulgación científica grazas a un amplo e diverso programa integrado por especialistas dunha ducia de institucións.
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña acolleu a presentación do proxecto Atendis-VR, unha innovadora iniciativa de realidade virtual desenvolvida durante o último ano e orientada á estimulación cognitiva de persoas maiores e persoas con discapacidade intelectual.
60 persoas, entre vicerreitoras e vicerreitores e directores e directoras da Área de Profesorado dunha trintena de universidades españolas, participan este venres na Comisión Sectorial de Crue-Profesorado que se celebra no edificio Redeiras da UVigo. Nesta xornada de traballo, inaugurada polo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, os e as representantes das institucións académicas españolas abordan algunhas das cuestións que marcan o presente e o futuro da docencia universitaria como a carreira profesional e as novas figuras de profesorado, a calidade dos procesos de avaliación e a formación do persoal docente.
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes inaugura a súa programación no presente curso cunha mostra na que o artista chileno César Gabler propón unha relectura da produción visual de Luis Seoane, partindo dunha serie de aspectos vinculados ao exilio, as vangardas e a cultura popular. Desenvolvida especificamente para esta sala, Ultramarinos Seoane é a primeira mostra en España deste artista e docente da Universidade de Finis Terrae de Santiago de Chile.
Trátase de 'O próximo baile, será comigo', de Sabela Losada Cortizas; 'Ofuscadas polo vicio da razón', de Yarama África; 'Non calarás', da Asociación Cultural Alexandre Bóveda; 'Altas luces', de Illa Bufarda; ' A historia vaxenial', de Artyc Content; 'Punto en boca. Costura e teatro', de Raquel García Crespo; 'As mulleres no xornalismo Galego: a crónica revelada', do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia; e 'A clase', de Mala Herba Producións.
O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol da UDC acolle, o vindeiro luns 14 de outubro, a primeira das conferencias do Ciclo 'Auto-Sinerx-IA. A Automática e a Intelixencia Artificial como Ferramentas para os Desafíos da Industria e da Sociedade', que organiza un grupo de profesores e profesoras do Departamento de Enxeñaría Industrial vinculados á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol.
Este mes de outubro, as artes escénicas volven a ser as protagonistas da programación cultural de Ourense e fano da man da celebración do XVII Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO). O evento terá lugar do 16 ao 27 de outubro, principalmente na cidade das Burgas pero tamén en Celanova, e contará con 13 espectáculos de compañías galegas e foráneas. A programación foi presentada este mércores no Teatro Principal de Ourense por parte das entidades organizadoras, colaboradoras e patrocinadoras.
A primeira edición do Congreso Ibérico da Mocidade Investigadora do Campus Terra superou a barreira do centenar de persoas inscritas. Do 14 ao 16 de outubro, Lugo converterase en capital da investigación e a divulgación científica grazas a un amplo e diverso programa integrado por especialistas dunha ducia de institucións, entre universidades e centros de investigación.
A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) vén de iniciar os traballos para a elaboración do informe Diagnóstico sobre a profesión xornalística en Galicia, un proxecto de investigación que ten como obxectivo coñecer e analizar a situación actual dos profesionais da información e da comunicación que desenvolven o seu labor na nosa comunidade, así como achegar a percepción que teñen sobre o seu sector.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2025 (159)

2024 (365)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES