Notas de prensa

A sexta edición do Luísa Villalta premia oito proxectos pola igualdade

Trátase de 'O próximo baile, será comigo', de Sabela Losada Cortizas; 'Ofuscadas polo vicio da razón', de Yarama Ãfrica; 'Non calarás', da Asociación Cultural Alexandre Bóveda; 'Altas luces', de Illa Bufarda; ' A historia vaxenial', de Artyc Content; 'Punto en boca. Costura e teatro', de Raquel García Crespo; 'As mulleres no xornalismo Galego: a crónica revelada', do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia; e 'A clase', de Mala Herba Producións.

O VI Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade, convocado pola área de igualdade da Deputación da Coruña, repartirase este ano entre oito propostas, das 34 que se presentaron a concurso; recibirán 12.500 euros cada unha delas.

A deputada de Igualdade, Soledad Agra, presidiu un xurado no que foron vogais a técnica da Deputación Eva Ovenza, o sociólogo Adrián Gonçalves e a profesora universitaria Ana Belén García Freijeiro. Actuou como secretaria Manuela Muñiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes da institución provincial.

Os proxectos premiados

• ‘O próximo baile, será comigo’, de Sabela Losada Cortizas. É un proxecto audiovisual innovador de acción-creación-investigación, que traballa sobre o apoio mutuo de vítimas de violencia machista a través dunha rede de testemuños de mulleres en contextos de violencia de xénero. Denuncia a falta de apoio social e institucional ás vítimas. Proxecto con gran impacto social e territorial, en coordinación co tecido asociativo e empresarial, que destaca pola súa transferibilidade. Recolle medidas específicas de accesibilidade universal.
• ‘Ofuscadas polo vicio da razónÂ’, de Yarama Ãfrica. O proxecto ten por obxecto crear un espazo seguro de encontro e expresión artística para mulleres migrantes e refuxiadas na provincia da Coruña en coordinación co ámbito cultural. Inspírase na propia obra de Luísa Villalta. Ten previsto realizar distintas actividades de lectura, escritura, eventos artísticos, etc. É un proxecto cun alto potencial de replicabilidade, xa que a súa metodoloxía é facilmente adaptable a outros contextos.
• ‘Non calarás’, da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, da Coruña. É un proxecto historiográfico de recuperación da memoria das mulleres cunha clara perspectiva feminista, que abarca diversos ámbitos de traballo (investigación, divulgación, exposición, publicación e rutas). Céntrase na cidade da Coruña, sendo un proxecto inspirador para outras vilas e cidades do territorio. Destaca a coordinación co tecido asociativo e educativo.
• ‘Altas Luces’, de Illa Bufarda. O proxecto contribúe á creación dunha historia da fotografía clásica galega diversa e plural. Ten unha clara vocación transformativa en busca dun cambio social que supere desigualdades, roles, crenzas, visibilizando as mulleres galegas fotógrafas ao longo da historia.
• ‘A historia vaxenial’, de Artyc Content. É un proxecto teatral sobre a representación cultural do corpo das mulleres ao longo da historia e como esta dá lugar a unha profunda desigualdade de xénero. Emprega a narración e o diálogo co público de maneira empática como mecanismo de catarse conexión e reflexión colectiva.
• ‘Punto en boca. Costura e teatro’, de Raquel García Crespo. É un proxecto de creación escénica e investigación que ten como base o oficio da costura como tradición, herdanza xeracional e medio de vida, e como tal, moi asentado nun territorio no que o oficio da costura marcou a vida de moitas mulleres da provincia. Utilizan o pasado e a tradición para entender a actualidade e mirar ao futuro. É un proxecto moi participado e colaborado por diferentes axentes do territorio e as propias protagonistas.
• ‘As mulleres no xornalismo Galego: a crónica revelada’, do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. O proxecto é a edición dun libro que reúne o legado das pioneiras do xornalismo galego e entrevistas con xornalistas, co obxectivo de rescatar, visibilizar e crear referentes. Ten capacidade de coordinación con entidades públicas de carácter educativo e alumnado. É moi interesante a posta en valor da contribución das xornalistas ao ámbito dos medios de comunicación.
• ‘A clase’, de Mala Herba Producions. O proxecto consiste na produción e distribución dunha curtametraxe que aborda o abuso de poder e o acoso nas escolas de arte dramática. O contexto do ámbito educativo no que se centra é fundamental para visibilizar este problema entre a xente nova. A capacidade de transferencia deste proxecto baséase na abordaxe dunha problemática global, que afecta a mulleres de todo o mundo.

Deputación da Coruña, 2024-10-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES