
A catedrática da Área de Enxeñaría de Sistemas e Automática da Universidad Complutense de Madrid (UCM), Matilde Santos Peñas, impartirá, a vindeira semana, a primeira conferencia do ciclo, titulada Como lle pode axudar a automática intelixente á sociedade?. O xoves 24 de outubro terá lugar o segundo relatorio da man da catedrática de Enxeñaría de Sistemas e Automática da Universidad Carlos III de Madrid (UC3M), Concepción Alicia Monje Micharet, quen afondará nas oportunidades e nos retos da chamada robótica branda.
A catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña (UDC), Amparo Alonso Betanzos, falará, o luns 28 de outubro, sobre os mitos, as realidades e os desafíos éticos da Intelixencia Artificial. Por último, o catedrático de Informática e Automática da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), Sebastián Dormido Bencomo, pronunciará a conferencia Realimentación: entre o natural e o artificial.
O Ciclo Auto-Sinerx-IA. A Automática e a Intelixencia Artificial como Ferramentas para os Desafíos da Industria e da Sociedade está dirixido ao alumnado do Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática e do Máster en Informática Industrial e Robótica, ambas as dúas, titulacións da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF). Con todo, a actividade está aberta a toda a comunidade universitaria e ao público xeral interesado. Máis información enviando un correo electrónico a esteban.jove@udc.es.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.