
Co profesor da Facultade de Belas Artes Nono Bandera como comisario, a mostra, sinala, articúlase a partir de cruces e asociacións arredor da obra de Seoane e afonda en como certas ideas ou prácticas artísticas viaxan dun lugar a outro, adáptanse e transfórmanse.
Como explica Gabler, conversas previas con Bandera levárono a afondar na figura e traxectoria de Seoane (Bos Aires, 1910 A Coruña, 1979), tanto polo seu interese pola relación entre a arte e a cultura popular, como por artistas que traballaran en distintos medios, lembrando neste punto as incursións de Seoane no deseño, co proxecto de Sargadelos, que era en certa medida unha forma de levar a cultura tradicional á modernidade. Ademais, o feito e que Seoane fose fillo de emigrantes e nacese na Arxentina, país ao que tivo que retornar como exiliado, facía del unha figura idónea para un proxecto que aborda tamén o intercambio cultural entre España e América do Sur, como destaca Gabler, que nos últimos anos protagonizou exposicións en Chile, Estados Unidos e Inglaterra. Estas conexións vense reflectidas á súa vez no título da mostra que, como engade Bandera, non só fai mención ao azul de Seoane, senón tamén ao outro lado do mar e a unha tenda na que atopar algunha sorpresa inesperada.
Un proxecto específico para a Sala Moldes
Ideada para este espazo, Ultramarinos Seoane presenta instalacións como Laboratorio de formas, que alude ao proxecto impulsado por Seoane e Díaz Pardo, como unha sorte dunha nova Bauhaus, sinala Gabler, que conecta este proxecto coa escola alemá de Ulm. Unha cuestión que me pareceu moi interesante de Sargadelos é o rescate do local, da historia e das formas, pero poñéndoo en diálogo coa modernidade, engade o artista chileno, que afonda tamén nesta idea incorporando unha representación do deseño modernista que Seoane realizou dun gaucho en No soy de aquí, ni soy de allá, un mural que alude á idea de migración.
Outra propostas é o mosaico pictórico de 70 módulos Vidas paralelas, que conecta á obra do republicano Luis Seoane coa do pintor franquista Fernando Álvarez de Sotomayor, tamén galego. Este, lembra Gabler, fóra director da Escuela de Arte de Chile e do Museo do Prado, chegando a coincidir xeograficamente con Seoane en 1947, cando coordinou unha exposición en Bos Aires, idea que Gabler traslada a unha peza na que conecta obras destes dous pintores e de José Gutiérrez Solana, participante naquela exposición.
Primeira exposición do curso
Coa inauguración desta mostra, na tarde deste xoves, arranca a programación da sala Manuel Moldes neste curso, sendo ademais unha proposta que conecta directamente con dúas das liñas que articulan a programación deste espazo, como lembra o seu coordinador, Ignacio Pérez-Jofre. Concretamente, sinala o tamén vicedecano de Cultura, cos obxectivos de traer artistas do ámbito nacional ou internacional que acheguen algo interesante ao noso contexto e de acoller propostas que atendan cuestiones e manifestacións propias no ámbito cultural de Pontevedra e Galicia. Neste caso, lembra, ao positivo de acoller o traballo dun artista internacional, que ademais supón unha colaboración coa Universidad Finis Terrae, súmase o feito de que se trata dun proxecto expositivo que dialoga cun dos máis importantes creadores da arte e a cultura galega, e que se enmarca á súa vez no contexto do intenso debate sobre o pensamento decolonial, as idas e vidas da emigración e o exilio e as mutuas influencias culturais.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.