Archivo (1 del 2024)

Buscador

Noticias

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIC) da Universidade da Coruña e a ONCE mantiveron unha xornada de traballo co fin de explorar solucións tecnolóxicas para a mellora da vida das persoas con discapacidade visual e optimización de procesos a través da aplicación da IA, a robótica ou os escenarios de realidade virtual. O encontro enmárcase dentro da iniciativa ONCE INNOVA, o laboratorio de innovación da ONCE
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración do Concello de Ferrol, abren a convocatoria da XX edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. O premio, que leva o nome do cámara ferrolán asasinado en Bagdad no 2003, ten o obxectivo de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.
José Manuel Amoedo e María del Carmen Sánchez-Carreira recolleron este martes 23 o premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia, convocado polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA) e o Consello Económico e Social (CES). Amoedo e Sánchez-Carreira foron premiados polo artigo ‘Os efectos iniciais da COVID-19 nas desigualdades de renda en Galicia e a súa distribución na sociedade’, un traballo que veu a luz na Revista Galega de Economía.
Promocionar o envellecemento saudable e buscar maneiras de previr e tratar a soidade non desexada nas persoas maiores. Este é o obxectivo do convenio asinado este luns pola Universidade, a Área Sanitaria de Vigo e a Sociedade Galega de Xeriatría, un acordo co que as tres institucións tratarán de unir forzas na prevención nunha das cuestións con maior impacto na saúde das persoas maiores.
Un grupo dunhas 200 persoas vinculadas co mundo da fotografía, co comisariado e coa historiografía, así como propietarios e propietarias de diferentes arquivos de fotógrafos históricos galegos, vén de enviar un escrito a todas as forzas políticas que se presentan as eleccións do 18 de febreiro, sobre a situación en que se atopa o rico patrimonio fotográfico galego e a necesidade de crear un centro onde se conserve, organice e se difunda a fotografía histórica galega, e que ao mesmo tempo dinamice a creación fotográfica contemporánea.
Mañá xoves, día 22 de febreiro, ás 19:00 horas, as investigadoras Ana Dorotea Tarrío Tobar, docente da Área de Matemática Aplicada; e María José Souto Salorio, da Área de Álxebra da Universidade da Coruña, presentarán no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) da Coruña a súa publicación sobre a matemática coruñesa María Wonenburger.
Un artigo publicado na revistaPhysical Review Letters describe unha nova técnica para determinar e estudar as reaccións nucleares que teñen lugar en explosións estelares, como as supernovas. No traballo participou o investigador Yassid Ayyad, do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da Universidade de Santiago de Compostela e a Xunta de Galicia, que se encargou de desenvolver parte da análise e o marco de simulacións necesarias para interpretar os resultados.
SUS-SOIL, que acadou unha financiación de 7 millóns de euros do programa Horizonte Europa, busca estudar a saúde dos solos desde diversas perspectivas, incluíndo caracterizacións químicas e físicas, pero tamén propiedades biolóxicas. Outra das liñas de traballo do proxecto é o estudo da capacidade dos solos para secuestrar carbono.
Cando se cumpre un ano da súa posta en marcha, os socios do proxecto europeo Wheatbiome déronse cita este venres no campus de Ourense para facer balance dos seus avances no reto de deseñar novos alimentos e sistemas agroalimentarios utilizando o potencial microbiano e centrándose no caso do trigo. Na iniciativa participan 13 institucións de Hungría, Polonia, Lituania, Holanda, Portugal e España.
Unha investigación da USC e da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) analizou como se informou a cidadanía en España durante a pandemia da COVID-19 e a súa percepción sobre o papel de xornalistas, medios, comunidade científica e autoridades gobernamentais e sanitarias.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (140)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES