Archivo (12 del 2022)

Buscador

Noticias

A pouco que se furgue, agroman infinidade de prexuízos sobre o uso do galego, algúns que semellaban superados e outros que sempre estiveron presentes. Algúns deses prexuízos son os que protagonizan o calendario da Área de Normalización Lingüística da UVigo para o 2023 deseñado por Luis Davila. Entre os lugares comúns que se reflicten nas viñetas están 'non falo galego porque o falo mal'; 'impóñennos o galego' ou 'o galego só serve para falar coas vacas'.
A decana da Facultade de Matemáticas da USC, María Elena Vázquez Cendón, recibirá o premio María Josefa Wonenburger 2022. A nova deuse a coñecer no último pleno da Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia, na que se tivo en conta a carreira de investigación e divulgación da matemática. 'É o corolario a un traballo feito', afirmou a profesora da USC logo de coñecer a nova da concesión. 'Sinto moita alegría e gratitude', sinalou.
Un sistema de tarifas variables podería servir para que a cidadanía tome conciencia e se responsabilice dos problemas ambientais derivados dos residuos que produce? A investigación desenvolvida na USC por Álvaro Fernández Braña profunda nesta cuestión ao abordar o coñecido como ‘pay-as-you-throw’ (PAYT) —paga só polo que botas ao lixo— instaurado dende hai décadas en países da Europa Central.
A pesar dos avances na loita pola igualdade, en España a cifra de mulleres que escollen estudar carreiras STEM (de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) é de arredor dun 15%, quedando o talento feminino fóra dalgunhas das titulacións con maior empregabilidade, impacto socioeconómico e proxección de futuro.
A exposición Itinerante 'Formas tradicionais da cerámica popular: Terra Chá Bonxe’, presenta na Facultade de Xeografía e Historia da USC unha selección de pezas oleiras orixinais do centro produtor de cerámica tradicional de Bonxe para poñer en valor esta forma de artesanía tradicional a través do traballo realizado pola Asociación Ceramolóxica Canaveira e persoal investigador da institución compostelá. 
A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acollerá os días 16 e 17 de decembro os encontros de cultura dixital Decembro Maker Talks. Organizado pola Deputación de Ourense no marco do proxecto transfronteirizo Emprende Makers, o evento centrarase na innovación e a tecnoloxía, desde unha perspectiva didáctica e práctica, e nel abordaranse temas como a Internet das cousas, robótica, impresión 3D, ciberseguridade e videoxogos.
Trece obras, sete delas na especialidade de moda e outras seis coleccións de xoias, conforman a exposición dos traballos finalistas da décimo terceira edición do certame Xuventude Crea que poderán visitarse dende este luns e ata o 29 de decembro na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. 
A Deputación da Coruña construirá nas instalacións da Cidade das TIC unha nova nave para o seu uso polo sector audiovisual galego que contará cun estudo virtual de produción audiovisual pioneiro en España. Trátase dun proxecto pioneiro, unha gran aposta pola innovación que converterá a Galicia nunha referencia do sector audiovisual a nivel estatal e europeo.
As implicacións ambientais e os prexuízos para o consumidor que supón que os electrodomésticos ou os dispositivos electrónicos sexan deseñados para que ter unha curta vida útil motivaron nos últimos anos medidas como a normativa europea que obriga ás empresas a garantir a reparación dos seus produtos por un prazo de dez anos.
« Anterior | 3  de  3 | Siguiente »

Archivo

2024 (134)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES