Notas de prensa

O XIII certame Xuventude Crea recoñece o talento emerxente galego en moda e deseño de xoias

Trece obras, sete delas na especialidade de moda e outras seis coleccións de xoias, conforman a exposición dos traballos finalistas da décimo terceira edición do certame Xuventude Crea que poderán visitarse dende este luns e ata o 29 de decembro na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela. 

Entre elas figuran as seis obras premiadas deste programa que buscar servir de estímulo e plataforma á creación emerxente galega en diferentes áreas e que se deron a coñecer este luns no acto inaugural da mostra. A colección ‘Touro galego’ de Brais Albor Rodríguez fíxose con primeiro premio na especialidade de moda, na que tamén foron distinguidos os traballos ‘¡Vaya huevos!’ de Antía Vieiro Fernández, que recibiu o segundo dos galardóns, e ‘Novo Pentaerion’, de Laura Barrós Chans, que obtivo o terceiro premio. 

As pezas que integran ‘Tick-Tock Collection’ valéronlle a Rebeca García Martínez o primeiro lugar na modalidade de deseño de xoias. O segundo dos premios nesta especialidade foi para Aldara Hernaiz Sánchez por ‘Unha vuelta más’ e o terceiro dos galardóns recaeu en Evelyn Lores Cacabelos pola creación da colección ‘La chica del espejo’. 

No acto da entrega destes premios, que serviu de limiar á inauguración da mostra, a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, remarcou que “a Universidade cre absolutamente no talento e no talento mozo“ e puxo en valor a liña de colaboración aberta coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia que, indicou, se procurará reforzar con outras accións a prol do talento emerxente. Á súa, vez, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel Toimil, salientou a traxectoria dun programa que ao longo de “trece anos de impulso ao talento e creatividade xuvenil galega” foi quen de crear “unha gran familia que segue crecendo e que ten moitos anos para continuar facéndoo”. 

As pezas gañadoras e as outras finalistas formarán parte tamén do Museo Virtual Xuventude Crea, un repositorio en liña que o certame habilitou en 2022 para maior difusión das obras e no que xa están dispoñibles os traballos das edicións máis recentes.

Xuventude Crea

Xuventude Crea é un programa dirixido a creadoras e creadores emerxentes, non profesionais e con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade, que naceran ou residan en Galicia. Impulsado pola Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e coa colaboración da USC, outorga tres premios en metálico para cada especialidade co gallo de estimular a creación e a innovación da mocidade. Os primeiros premios teñen unha dotación de 3.000 euros, os segundos de 1.500 euros e os terceiros de 1.000 euros. Canda estas distincións, e en función da calidade das obras, o xurado pode outorgar mencións de honra sen dotación económica. 

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2022-12-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES