Archivo (4 del 2020)

Buscador

Noticias

A Central de Coordinación de Emerxencias Sanitarias de Galicia atendeu dende o inicio da pandemia un total de 195.041 chamadas. Deste total, 47.481 chamadas foron por temas relacionados co COVID-19. O conselleiro de Sanidadem destacou que o pasado 18 de marzo recibíronse 5.956 chamadas. Esta é a maior cifra de chamadas respondidas nunha xornada dende a creación do 061 en 1995, e son case 2000 chamadas máis que o número máximo acadado en períodos de gripe.
O investigador José Martínez Costas, do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) traballará no desenvolvemento dunha vacina fronte COVID-19 en base a unha nova metodoloxía patentada na USC. Esta nova liña de traballo acaba de obter o financiamento do Instituto de Saúde Carlos III e, como explica o doutor Martínez Costas, a metodoloxía a partir da que se traballará está xa patentada polo propio grupo de investigación da USC.
O conselleiro de Economía Francisco Conde mantivo unha reunión con representantes dos traballadores autónomos centrada no deseño de novas medidas de dixitalización e seguridade e saúde laboral para preparar o seu primeiro día despois do coronavirus. O encontro enmárcase no contacto aberto que mantén a Xunta cos axentes económicos e sociais para abordar os efectos da situación de emerxencia sanitaria que se está a vivir.
A USC acaba de transferir o seu procedemento de produción do xel sanitizante a outras catro universidades españolas (Granada, Almería, Cantabria e Politécnica de Valencia) así como ás de Verona (Italia), Surrey e Edimburgo (Reino Unido) e á Universidade Católica de Perú. Estas institucións interesáronse pola iniciativa da USC que xa ten posto a disposición da administración autonómica galega arredor de 5.000 botellas do xel.
A plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde, situada en Negreira, recepcionou hoxe un envío cun millón de máscaras adquiridas pola Xunta. Trátase do cuarto envío de material recepcionado en Galicia, co que na nosa comunidade recibíronse xa 4,7 millóns destas unidades. En total, o Goberno galego xa leva investidos 17 millóns de euros neste tipo de material sanitario como máscaras, luvas, batas de alta protección, desinfectantes de mans e probas PCR.
A plataforma de teleasistencia TELEA, do Servizo Galego de Saúde, permite facer seguimento sanitario dun total de 1.700 pacientes que resultaron positivos por coronavirus e que permanecen no seu domicilio. Desta forma, son telemonitorizados polos profesionais sanitarios quen teñen información directa en todo momento dos posibles cambios na evolución da súa enfermidade. O perfil destes pacientes é de persoas con resultados positivos por COVI-19 con sintomatoloxía leve ou dados de alta hospitalaria.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de tomar a decisión de aprazar a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional, prevista para o día 23 de abril, debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19. Proximamente, en función da evolución da pandemia, publicarase un novo calendario de probas de acceso. Polo momento mantéñense as probas de acceso a grao medio para o 28 de maio.
Galicia recibiu hoxe o terceiro envío das máscaras adquiridas pola Xunta. Trátase de 1 millón de unidades que foi entregado na plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde, situada en Negreira. O material será distribuído desde este centro a toda a comunidade. Sanidade envía este material de protección con carácter prioritario a hospitais, centros de saúde e residencias sociosanitarias, tal e como especifican os protocolos elaborados coas recomendacións do persoal de medicina preventiva.
O presidente da Xunta avanzou que a Administración autonómica ofrecerá atención á poboación para atender ás consecuencias psicolóxicas da emerxencia sanitaria creada polo coronavirus. “Trátase dun servizo que se prestará a través do teléfono das emerxencias 112”, dixo, e será posible grazas á colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Este servizo funcionará as 24 horas do día e estará dispoñible desde a vindeira semana.
A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) ven de convocar un concurso de debuxos para todos os escolares galegos. A finalidade é que poidan amosar o agradecemento aos corpos e forzas de seguridade, e que mediante o debuxo os nenos e nenas poidan transmitirlle ánimos tanto á Policía Nacional, Policía Local, Policía Autonómica e Garda Civil, os cales reciben formación permanente na Academia.
« Anterior | 4  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (149)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES