
O titular da Xunta incidiu en que o obxectivo será o de axudar a paliar as consecuencias psicolóxicas que se poidan derivar das restricións do estado de alarma. Non en van, a situación de confinamento implica consecuencias como a alteración de rutinas, interrupción das redes de apoio, afectación laboral ou a necesidade de coidado de persoas dependentes de forma máis intensa; ademais da soidade, especialmente, entre as persoas da terceira idade.
Feijóo referiuse tamén a outros aspectos que aumentan a vulnerabilidade como o medo ao contaxio da enfermidade e a alteración do proceso de dó para as persoas que, lamentablemente, perderon algún ser querido nestes dÃas.
Máis de 5 millóns para a adquisición de novo material sanitario
Por outra banda, o titular da Xunta destacou unha nova contratación de diversos materiais de protección destinados a profesionais e doentes, asà como de tests de anticorpos para a detección do coronavirus. Toda esta adquisición contará cun orzamentos de 5,1 millóns de euros.
Logo de recordar que nas últimas semanas se mercou material por valor de 17 millóns de euros, Feijóo precisou que con esta nova compra o Goberno galego adquire: 20.000 unidades de tests, 4 millóns de máscaras cirúrxicas, case 152.000 máscaras respiratorias, 524.480 batas de alta protección/impermeables, preto de 70.000 lentes de protección ocular, 80.100 pantallas de protección facial, 100.000 unidades de mandÃs plastificados, ademais de buzos de protección e tecido impermeable, transpirable e lavable.
Tamén se inclúe a adquisición duns 45.000 litros de solucións desinfectantes de mans, 120.000 litros de solución desinfectante de superficies, asà como envases e tubos dispensadores para a elaboración destes produtos.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.