
“Facemos que células de calquera orixe fabriquen microesferas e introduzan dentro delas os antÃxenos vÃricos” explica MartÃnez Costas. Estas partÃculas “purifÃcanse moi facilmente e teñen capacidade intrÃnseca para estimular ao sistema inmune, o que as converte en ideais como vacinas para o coronavirus, doenza que afecta principalmente a persoas de idade avanzada cuxo sistema inmune sole estar debilitado”, engade o investigador.
O equipo do CiQUS traballará na produción da vacina mentres que o ensaio en animais levarao a cabo outro equipo do Centro de Investigación en Sanidade Animal de Valdeolmos (Madrid). Se se comproba que a estratexia achega resultados positivos, o equipo buscará financiamento adicional para iniciar ensaios clÃnicos.
O grupo de MarÃa Jose Alonso participa nos estudos preclÃnicos dunha vacina fronte COVID-19 baseada en ARNm
Desenvolver e avaliar en estudos preclÃnicos unha nova vacina contra o SARS-CoV2 capaz de inducir respostas inmunitarias de longa duración fronte o virus é o obxectivo dun equipo no que participa o grupo da catedrática da USC MarÃa José Alonso xunto con outros de IDIBAPS, do National Center for Biotechnology, do Barcelona Supercomputing Center e de IRSICAIXA co financiamento do Departamento de Saúde da Generalitat de Catalunya.
Este grupo propón o deseño dunha vacina baseada en ARNm (ácido ribonucleico mensaxeiro) do virus. En opinión dos investigadores é unha “alternativa prometedora fronte vacinas convencionais polo seu gran potencial, rápido desenvolvemento, fabricación a baixo custo e administración segura”. Concretamente, o equipo da USC terá como misión o desenvolvemento de vehÃculos (que simulan virus artificiais) para a protección e transporte do RNAm á célula diana.
Para o seu desenvolvemento, o equipo de investigadores utilizará métodos computacionais para identificar as partes do virus que sexan capaces de provocar unha resposta notable no sistema inmunitario. Seguidamente, procederase á fabricación da molécula RNAm máis prometedora e, por último, á súa incorporación nun vector viral ou sintético, co fin de garantir a estabilidade do RNA e favorecer a súa chegada efectiva ao sistema inmunitario.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.