
A temática do concurso e completamente libre, os nenos e nenas poderán plasmar no debuxo o que eles queiran transmitirlle aos axentes e o único requisito é que poñan o cancelo #ConVosEstamosSeguros. A finalidade do concurso é que mediante esta iniciativa os rapaces poñan en valor a gratitude aos corpos e forzas de seguridade e ao mesmo tempo que contribúa a que pasen estes dÃas de confinamento un pouco mais entretenidos.
Poderán participar neste concurso todos os nenos e nenas galegos. Haberá categorÃas segundo o nivel educativo. Asà establécense 6 premios, un para Infantil, dous para Educación Primaria, por una banda os nenos de 1º a 3º e por outra banda os de 4º a 6ª, e o mesmo cos estudantes da ESO, haberá dúas categorÃas, os rapaces de 1º e 2º e por outra banda os de 3º e 4º. E finalmente os estudantes de Bacharelato que igual que os de Infantil teñen cada un, unha categorÃa.
Os premios de cada unha das categorÃas é que o neno ou nena gañador poida facer xunto a toda súa clase unha visita guiada á Academia, onde tamén están recibindo formación os policÃas e gardas civÃs, poidendo participar con eles nalgunha das clase e que asà poidan coñecer de preto aos axentes que reciben a formación na Academia.
Poderá presentarse unha obra por concursante en tamaño A4 e poderá ser realizada en calquera modalidade, con lápiz, tinta china, estilográfica, rotuladores, pinturas, ceras. Cada neno poderá facelo como queira. O estilo é completamente libre. O único é que ten que levar o cancelo #ConVosEstamosSeguros.
O prazo de presentación dos debuxos comeza mañá e remata o vindeiro venres 17 de abril. Os debuxos poderán ser remitidos á Academia mediante unha foto do mesmo que se pode mandar por correo electrónico ao seguinte enderezo formacion.agasp@xunta.gal, indicando o nome completo do neno ou nena, o nivel educativo ao que pertence, asà como o colexio ao que asiste.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.