
Asà mesmo quedan pendentes de actualización as datas de reclamación contra as listaxes provisionais de admitidos nas probas de acceso a ciclos de formación profesional de grao medio. Toda a información pode consultarse no Portal Educativo, na ligazón, http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual.
O obxectivo destas probas é permitir cursar as ensinanzas de formación profesional ás persoas que non posúan as titulacións esixidas para o acceso, isto é, o tÃtulo de graduado en educación secundaria obrigatoria ou o tÃtulo profesional básico (ou outras titulacións equivalentes) para os ciclos de grao medio; e, no caso dos de grao superior, o tÃtulo de bacharelato ou tÃtulo de técnico de formación profesional (ou equivalentes). Deste xeito a ConsellerÃa facilita e impulsa que as persoas continúen formándose para acadar unhas mellores condicións para o acceso ao mercado laboral.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.