
Actualmente, o equipo encargado da súa produción traballa para optimizar o proceso e elevar a produción ata 1.200 ou 1.300 botellas diarias e asà alcanzar os 9.000 litros requiridos para o sistema sanitario coa maior celeridade posible. Neste senso, xa se teñen implementado melloras nas instalacións da Escola Técnica Superior de EnxeñarÃa (ETSE).
O reitor da USC, Antonio López, salientou que a fabricación destas solucións por parte da USC encádrase no marco da “liña de máxima colaboración que mantén a USC coa Xunta e coas autoridades sanitarias desde o comezo dunha situación excepcional, como o é este estado de alarma”. Agora, como explica o vicerreitor de Planificación, TecnoloxÃas e Sustentabilidade, Gumersindo Feijoo Costa, a USC pon o know how do proceso de produción do xel sanitizante a disposición de todas as universidades ou institucións interesadas, sempre que se destine a fornecer os sistemas públicos de saúde, nunca con fins comerciais.
Garantir o abastacemento
A USC comezou a semana pasada a produción de xel sanitizante en base a etanol ou alcohol isopropÃlico, a fin de tratar de garantir asà o abastecemento deste subministro ao Sergas. A institución docente dá conta asà do encargo da administración autonómica para fabricar 9.000 litros desta solución hidroalcohólica, un lote que será distribuÃdo nos centros sanitarios que o precisen en 18.000 envases de medio litro de capacidade cada un, segundo informou o reitor Antonio López.
Este xel tense convertido nun material imprescindible na denodada loita emprendida para frear a expansión do Covid-19 entre a sociedade e, nomeadamente, entre os profesionais sanitarios e demais persoal que se atopa na primeira liña de batalla co coronavirus. A produción propia por parte da USC é posible grazas ao proceso de transformación e adaptación da planta piloto de que dispón o Departamento de EnxeñarÃa QuÃmica na Escola Técnica Superior de EnxeñarÃa de Santiago.
O equipo cientÃfico que se ocupará nunha primeira fase da produción deste tipo de xeles está integrado por PDI e PAS da ETSE, Facultade de Farmacia, Facultade de QuÃmica e Centro de Investigación en QuÃmica Biolóxica e Materiais Moleculares, asà como de CRETUS.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.