Archivo (4 del 2020)

Buscador

Noticias

O Sergas ordenou a paralización da distribución das máscaras destinadas polo Ministerio de Sanidade á nosa comunidade e non cumpren coas esixencias que determina o Instituto de Seguridad e Higiene en el Trabajo. En canto se tivo comunicación das deficiencias nas máscaras, paralizouse a súa distribución e trasladóuselle a todas as xerencias a instrucción para que se procedese tamén á retirada das que foran distribuidas.
A plataforma de micromecenado Sumo Valor acaba de abrir unha nova liña destinada a acelerar o proceso de investigación contra a COVID-19, para fomentar e reforzar liñas de investigación relacionadas co SARS-CoV-2, integrando áreas de coñecemento diversas cunha perspectiva holística. Os fondos destinaranse á detección do virus en diferentes matrices, investigación en vacinas, análises dos impactos económicos, modelización da pandemia e estudos epidemiolóxicos
Galicia priorizará o uso dos 30.000 test de dobre banda que vén de recibir para os sanitarios que estean en zonas COVID-19 de hospitais, doentes en urxencias e persoal e usuarios de residencias. Así o vén de decidir nas últimas horas o comité clínico que asesora á Xunta durante esta crise sanitaria. Estes test de dobre banda adquiridos pola Xunta permiten detectar positivos e coñecer cales son positivos activos e cales inmunizados.
A iniciativa Adestra #NaCasa ofrece un espazo no que as federacións deportivas de Galicia amosan o seu traballo cos deportistas no período de confinamento. Deste xeito configúrase un repositorio de arquivos, documentos, ligazóns e material de diversa índole orientado ao adestramento na casa en tempos de confinamento. O obxecto deste espazo é axudar a todos os deportistas galegos neste período.
O Centro Demostrador TIC da Amtega continúa a súa actividade divulgativa e formativa para pemes e autónomos con diversas actividades en streaming, que nestes días están rexistrar notables incrementos de participación. Con estas sesións, en colaboración con diversos axentes tecnolóxicos da Comunidade e que teñen o formato #DemosXweb, búscase fomentar o teletraballo e tratar diversos aspectos de utilidade á hora de adoptar esta modalidade de traballo.
O conselleiro de Cultura e Turismo anunciou a elaboración dun Plan de Seguridade Sanitaria no eido turístico que permita reforzar a confianza neste sector unha vez rematen as restricións impostas por mor da crise sanitaria do coronavirus. Así o trasladou tras presidir unha xuntanza extraordinaria do Consello Galego de Turismo, órgano que conta coa presenza de representantes das distintas administracións, do mundo académico e do sector turístico.
A Xunta de Galicia, coa finalidade de apoiar ás persoas que se atopan nunha situación de vulnerabilidade, vén de poñer en marcha varias medidas para garantir o pago e a tramitación da Renda de inclusión social de Galicia (Risga), das Pensións non contributivas (PNC) e das Axudas de inclusión social (AIS) mentres dure a emerxencia sanitaria. Estas medidas están orientadas a flexibilizar e axilizar as solicitudes das persoas que teñan que pedir estas axudas ou que xa están na metade da súa tramitación.
O reparto de máscaras faciais en transportes públicos dende este luns non debe considerarse un substitutivo das medidas de hixiene e distancia social que a poboación estaba a desenvolver dende o decreto do estado de alarma por mor da crise da COVID-19. O epidemiólogo e profesor da USC Francisco Caamaño Isorna fai fincapé en que o uso destes recursos non anula a necesidade de lavar as mans de modo "correcto e sistemático", así como de manter unha separación de dous metros entre as persoas.
A Consellería de Política Social vén de ampliar ata as 24 horas ao día, sete días á semana, o servizo de videointerpretación que ofrece a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG). Esta ferramenta permite que as persoas xordas poidan obter información ou comunicarse cos teléfonos de emerxencia, coma 112, 061, 012 ou o teléfono de información sobre o coronavirus 900 400 116.
A Xunta de Galicia reforzará o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para a atención a persoas con necesidades asistenciais coa asignación de 500.000 novas horas de coidado a domicilio ao mes. O Goberno galego asume o importe que pagaba habitualmente o usuario deste servizo, polo que non suporá ningún gasto para este. Esta medida supón un investimento de 6 millóns de euros ao mes e estenderase durante o tempo que dure a situación de emerxencia sanitaria e de estado de alarma.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (127)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES