Notas de prensa

Galicia priorizará o uso dos 30.000 test de dobre banda en sanitarios en zonas COVID-19 de hospitais, doentes en urxencias e residencias

Galicia priorizará o uso dos 30.000 test de dobre banda que vén de recibir para os sanitarios que estean en zonas COVID-19 de hospitais, doentes en urxencias e persoal e usuarios de residencias. Así o vén de decidir nas últimas horas o comité clínico que asesora á Xunta durante esta crise sanitaria. Estes test de dobre banda adquiridos pola Xunta permiten detectar positivos e coñecer cales son positivos activos e cales inmunizados.

Así, e tendo en conta que serán vitais á hora de evitar novos contaxios, comezaranse a realizar nos servizos de urxencias para doentes que presenten infección respiratoria aguda; para o control de persoal de zonas COVID-19 en hospitais, tanto nas diferentes plantas destinadas en exclusiva para o coronavirus, como nas UCI e outros espazos; ao persoal e usuarios das residencias; e tamén para confirmar as PCR negativas nos doentes con sintomatoloxía.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, visitou esta mañá en Vigo as instalacións de microbioloxía onde se levan a cabo as análises das probas diagnósticas (PCR), das que Galicia levaba realizadas dende o comezo da pandemia ata onte un total de 53.829 test.

No caso concreto de Vigo, onde Feijóo estivo hoxe cos profesionais, realízanse cada día entre 900 e 1500 PCR, grazas á instalación dun aparato no laboratorio central do Hospital Meixoeiro que ten incrementado substancialmente a capacidade diaria para realizar novas determinacións.

Xunta de Galicia, 2020-04-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
A campaña de escavación arqueolóxica realizada este verán na Cova do Santo e na Pala da Zorra, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense), permitiu obter novos datos sobre a ocupación e a historia destas cavidades ao longo da Prehistoria e confirma que conservan un rexistro de gran valor para coñecer tanto as comunidades humanas da Prehistoria como e as paisaxes que ocuparon este territorio miles de anos atrás. Os traballos dan continuidade ás investigacións iniciadas en 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES