
O obxectivo é proporcionar unha atención profesional a todas aquelas persoas que non eran usuarias do Servizo de Axuda no Fogar, pero poidan precisar a atención nesta situación excepcional.
Neste sentido, priorizaranse os casos máis urxentes detectados polo Programa de Asignación de Recursos, asà como as persoas usuarias de centro de dÃa, servizo que desde a declaración de emerxencia sanitaria permanece pechado. Asà mesmo, tamén se terán en conta aquelas persoas cunha solicitude de dependencia rexistrada e pendente de ser valorada.
Estas novas horas de axuda no fogar poranse á disposición dos concellos para asignalas a aqueles casos que sexan considerados máis urxentes polo servizos sociais municipais. Na provincia da Coruña asignaranse 196.000 horas de servizo, na de Lugo 113.000, en Ourense 69.000 e en Pontevedra 122.000.
A implantación deste SAF extraordinario é unha das medidas que forman parte do Plan social de continxencia aprobado polo Consello da Xunta para dar resposta ás consecuencias que ten a emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus nos colectivos de poboación máis vulnerables, como é o caso das persoas dependentes.
Outras medidas do Plan
Dentro deste Plan inclúense outras medidas. A primeira consistiu na posta en marcha, desde a semana pasada, dun sistema de seguimento telefónico diario para as 14.400 persoas maiores ou con discapacidade que son usuarias dun centro de dÃa ou ocupacional e que nestes momentos están nas súas casas debido á suspensión da actividade nestes centros. Ademais, ás persoas que o necesitan repárteselle 900 menús semanais nos seus domicilios.
A segunda medida foi a entrada en servizo do teléfono social (900 400 800) para complementar o que xa existe para resolver as dúbidas relacionadas co coronavirus. Neste teléfono aténdese a persoas con dúbidas básicas da vida cotiá nesta situación, persoas que necesiten conversa ou acompañamento, persoas que precisen atención psicolóxica especializada e persoas que estean nunha situación de necesidade ou especial vulnerabilidade. Desde a súa posta en marcha este teléfono xa atendeu máis de 700 chamadas.
A terceira das medidas é a posta en marcha dun un correo electrónico para a detección rápida de situacións de risco, atencionsocialemerxencia@xunta.gal, e para resolvelas da man cos servizos sociais de base. En cuarto lugar, conxuntamente coa ConsellerÃa de Educación, o Goberno galego aprobou unha axuda económica para as nenas e nenos que dispuñan dunha bolsa de comedor na súa escola infantil, colexio ou instituto, das que se beneficiarán máis de 51.000 fogares galegos.
Asà mesmo, fÃxose unha exención das cotas das escolas infantÃs, centros de dÃa e ocupacionais con financiamento público (públicos, de iniciativa social e concertados) para a metade do mes de marzo, que serán compensados, e todo o mes de abril, que non se cobrarán. E por último, aprobouse a maior orde de axudas da historia de Galicia destinada ás entidades sociais de inclusión social, por un importe de 18,3 millóns de euros.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.