
En total, inmobilizáronse un total de 36.883 máscaras na plataforma de distribución de Negreira e outras 45.408 que foron retiradas polas xerencias das áreas sanitarias.
O Sergas procederá con inmediatez a substituÃr todas as máscaras que se retiran e realizará as probas diagnósticas necesarias para garantir a protección e seguridade dos seus profesionais. Por outra banda, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, remitiulle ao ministro de Sanidade, Salvador Illa, unha carta na que solicita que se lle remita información axustada sobre os lotes afectados e o tipo de deficiencias detectadas.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.