Archivo (9 del 2019)

Buscador

Noticias

A exposición 'Pensar coas mans' chegou á súa fin tras ter recibido preto de 30.000 persoas desde a súa apertura, das cales 2.500 foron a través das visitas comentadas de balde que ofrece o Centro Gaiás de martes a domingo, e máis de 1.500 foron escolares de centros galegos de ensino. Pensar coas mans tamén se converteu nunha exposición viva e dinámica con preto de 30 obradoiros e demostracións in situ de creacións de artesanía.
A partir do xoves 19 de setembro, e durante catro días consecutivos, os espazos do primeiro andar do MARCO ábrense a unha experiencia escénica e participativa, a través dunha proposta dirixida por A Artística (Olga Cameselle e Alfredo Rodríguez), coa colaboración de dez artistas convidados. ESPAZO EN ESPERA é o título dun proxecto que reúne varias disciplinas artísticas. A proposta procura a participación do público, considerando o Museo como lugar de intervención cidadá e de encontro, alén da súa visión como espazo expositivo.
O 21 de setembro chegará o que será o último festival do verán misturando música, gastronomía e reciclaxe co Camiño Portugués da Costa. O Barbeira SeaSon Fest será un encontro directamente ligado ao Camiño de Santiago e que terá en Baiona un dos seus puntos destacados. O festival terá dous escenarios, a praia de Barbeira, de Baiona, e a horta do Parador Conde de Gondomar. Na praia ofreceranse diversas accións artísticas vinculadas ao Xacobeo.
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza un ano máis o seu Encontro Galego de Ilustración. Nesta edición número dezaseis, o Encontro trae de novo a Santiago de Compostela, os días 27 e 28 de setembro, unha escolma da ilustración máis interesante da Península, o que permitirá botar unha ollada a autores que traballan en lugares tan diferentes como o País Vasco, Portugal ou Cataluña.
'Trece estampas da traizón. 80 anos da súa publicación' é un proxecto expositivo da USC e a Fundación Luis Seoane, que xira ao redor do álbum 'Trece estampas de la traición' co que o artista galego sinalaba os responsables do golpe de estado de 1936 e poñía de manifesto a dramática situación da poboación civil por mor do conflito e a represión posteriores. O álbum de Soeane foi editado en 1937 e formou parte das diversas publicacións da campaña de propaganda no exterior do goberno republicano.
A mostra fotográfica ‘Vía Láctea, guía de Peregrinos a Galicia’ reúne en Santiago de Compostela 40 láminas gran formato realizadas en aluminio seleccionadas do libro editado por Lúdica7 Galicia un lugar mágico para contemplar las estrellas. As fotografías realizadas por Daniel Llamas e Daniel Lois mostran a aparición da Galaxia dende diferentes lugares único de Galicia. A exposición está no claustro alto do Colexio de Fonseca da USC onde se poderá visitar ata o próximo día 26.
En cada unha das sete etapas das que consta a acción, que comezará o 17 de setembro, o proxecto invitará a centros educativos e colectivos sociais dos concellos polos que pasarán os peregrinos a sumarse á iniciativa. Ademais farase un estudo da accesibilidade cognitiva das casas consistoriais dos tramos polos que discorrerá Xacobeo Autismo e, en caso de ser necesario, mellorarase a súa sinalización con pictogramas.
O proxecto Lidera convoca unhas xornadas de coaching que se desenvolverán en diferentes Espazos Xove de Galicia nos meses de setembro e novembro. A iniciativa, dirixida a mozos de 18 a 30 anos, leva por nome 'Crea o teu camiño profesional', e ten como obxectivo apoiar á xente nova no seu itinerario persoal e profesional coa formación en habilidades transversais que melloren as súas oportunidades de emprego e emprendemento.
A estes 25 centros se lles requerirá dispor de servizo de comedor escolar, contar con espazo verde para a instalación do composteiro, ter en funcionamento un horto escolar, non ter experiencia previa en programas de compostaxe escolar, e estar disposto a designar persoal responsable para a posta en marcha e seguimento do composteiro instalado no centro. Recibirán os medios materiais necesarios para a instalación dunha zona para facer compost.
A sostibilidade agro-territorial centrará a temática do XII Congreso de Economía Agraria que se desenvolverá do 4 ao 6 de setembro na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo da USC, un foro científico de carácter estatal para o que xa confirmaron a súa inscrición máis de 200 investigadores de universidade españolas e iberoamericanas nas que se imparten estudos de agronomía e enxeñaría forestal, ademais de profesionais destes sectores.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (127)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES