
A ConsellerÃa de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de seleccionar os 25 centros públicos de primaria de Galicia que participarán o vindeiro curso nun proxecto pioneiro de compostaxe.
Asà llo vén de trasladar aos centros seleccionados, aos que se lles requirÃa dispor de servizo de comedor escolar, contar con espazo verde para a instalación do composteiro, ter en funcionamento un horto escolar, non ter experiencia previa en programas de compostaxe escolar, e estar disposto a designar persoal responsable para a posta en marcha e seguimento do composteiro instalado no centro. Agora, recibirán os medios materiais necesarios para a instalación dunha zona para facer compost, asà como a formación precisa para a súa posta en marcha e seguimento.
Con esta iniciativa, a ConsellerÃa de Medio Ambiente pretende implicar aos centros escolares, que poden xogar un papel fundamental polo seu carácter educativo e pola posición de referencia que ocupan na comunidade á que pertencen.
Nese sentido, formarase ao persoal de cociña e ao profesorado, para que poidan dirixir e supervisar as actividades a desenvolver durante o primeiro trimestre do vindeiro curso. O proxecto incluirá a realización de obradoiros sobre compostaxe e reciclaxe para o alumnado, asà como a entrega dunha unidade didáctica sobre esta mesma temática. Ao final da nota, indÃcanse os centros seleccionados.
Esta iniciativa segue as directrices do Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2022 e enmárcase no impulso de distintas actuacións para a mellora da xestión dos residuos urbanos en xeral, e concretamente dos chamados biorresiduos –é dicir, a fracción orgánica biodegradable do lixo-, de cara a transformar o sistema actual nun modelo máis sostible e circular.
A Xunta de Galicia pretende achegar a compostaxe aos centros de ensino, mellorar a xestión dos residuos orgánicos xerados nos comedores escolares e reforzar as condutas de protección e respecto do medio ambiente do alumnado. Estes obxectivos especÃficos insÃrense dentro de outros dous máis globais: avanzar na descentralización da xestión dos residuos orgánicos en Galicia e servir de exemplo para a implantación de iniciativas semellantes en todo o territorio galego.
Para cumprir con eles, a ConsellerÃa de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten previsto desenvolver nos próximos meses varios proxectos dirixidos á implantación de diferentes alternativas de xestión dos residuos orgánicos nos concellos galegos, que implicarán tanto á cidadanÃa como aos grandes produtores.
Todos eles forman parte das actuacións de promoción e apoio ao uso de compost coas que o departamento autonómico dotará ás entidades locais galegas de ferramentas que lles permitan avanzar no cumprimento dos obxectivos de preparación para a reutilización e reciclaxe establecidos na recente modificación da Directiva Marco de Residuos.
De acordo con esta modificación, ao obxectivo de reciclar o 50% dos residuos xerados en 2020, sumaranse outros novos, como que a cantidade de residuos reciclados deberá ser do 55% no ano 2025, do 60% de aquà a 2030 e do 65% en 2035. Ademais, nesta modificación da Directiva Marco de Residuos, obrÃgase tamén aos Estados membros a implantar a recollida separada da fracción orgánica dos residuos –unha competencia municipal- antes do 31 de decembro do ano 2023.
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, sÃmbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao perÃodo lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantÃs.