Notas de prensa

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración anuncia o 16 Encontro Galego de Ilustración

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza un ano máis o seu Encontro Galego de Ilustración. Nesta edición número dezaseis, o Encontro trae de novo a Santiago de Compostela, os días 27 e 28 de setembro, unha escolma da ilustración máis interesante da Península, o que permitirá botar unha ollada a autores que traballan en lugares tan diferentes como o País Vasco, Portugal ou Cataluña.

Nun programa en que o puxante panorama da ilustración do país luso contará cun especial destaque, as charlas terán como relatores o ilustrador e deseñador Javirroyo (que ademais, impartirá un obradoiro sobre realización de mapas ilustrados), Inês Silva, directora da prestixiosa axencia Illustopia, e o ilustrador Jon Juárez (Harrihorrihar), e complementaranse cun panel de experiencias e unha mesa redonda coas ilustradoras portuguesas Marta Madureira e Cátia Vidinhas. Esta parte central do Encontro estará presentada e conducida pola comunicadora Neves Rodríguez.

Ademais, como actividades complementarias, o programa inclúe tamén unha sesión de revisión de portafolios e unha actividade lúdica (a Sesión DJ Ilustrada, co DJ Pablo Electrocute e proxección de debuxo en directo a cargo de varios ilustradores).

Coma sempre, todas as persoas interesadas na ilustración e a creatividade gráfica están convidadas a asistir; todas as actividades están abertas a todo o público e son gratuítas, salvo o obradoiro, que ten unha pequena tarifa de inscrición. O groso das actividades terá lugar, como na edición anterior, no Auditorio de Galicia (avenida do Burgo das Nacións, s/n, 15704 Santiago de Compostela). Unicamente terán outras sedes o obradoiro con Javirroyo (na Unitaria, calzada de San Pedro, s/n, 15703 Santiago de Compostela) e a Sesión DJ Ilustrada (no Camalea, praza de San Martiño, 4, 15704 Santiago de Compostela).

O 16 Encontro Galego de Ilustración está organizado pola AGPI coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela e o apoio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, 2019-09-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES