Buscador
Noticias
Como explicaron, ao abeiro do Creative Loci Iacobi, Galicia estará incluída nos diferentes tours virtuais creados en Europa dos que forman parte diferentes puntos de España, Bélxica, Francia, Lituania, Polonia ou Portugal. Son viaxes audioguiadas, con música e sons que teñen como guía un personaxe histórico destacado en cada un dos oito territorios do proxecto. No caso de Galicia o narrador é o Mestre Mateo.
Trátase dun proxecto pioneiro en Galicia que terá lugar nos 12 Espazos Xoves xestionados pola Administración autonómica, co fin de favorecer a participación de mozos e mozas da zona e da contorna próxima. Antes do inicio de cada unha das competicións organizarase unha dinámica formativa centrada no coñecemento e uso responsable dos videoxogos.
Celébrase a 'Xornada de intervención profesional para persoas do colectivo LGTBI", a terceira das catro de formación para o persoal dos Centros da Información á Muller, que foi inaugurada polo Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a Secretaria Xeral de Igxualdade, Susana López Abella.
A Directora da Amtega, no I Congreso de ISACA en Santiago, destacou a importancia de crear confianza para que os cidadans se desenvolvan nun contexto dixital, e lembrou que o Goberno galego aposta pola ciberseguridade reformando o Plan de Seguridade con mais orzamento e novas medidas ata o 2021.
O Consello da Xunta aproba un decreto que adapta a normativa estatal ás características do ámbito xeográfico galego e que deroga o anterior decreto de 2005, euiparando as piscinas das casas rurais e de agroturismo, colexios maiores e residencias ás dos dos aloxamentos turísticos.
A constitución deste Conselho, ven reforzar a alianza entre Portugal e Galicia, para avanzar de xeito conxunto na posta en valor dos Camiños que atravesan o país luso, sendo Galicia a única entidade non portuguesa presente neste Conselho, que se constituiu en Lisboa, no Pazo da Ajuda, sede do Ministerio de Cultura.
Dentro desa alianza, a Xunta brindou a súa colaboración para achegar a súa experiencia na certificación e a xestión integral das Rutas Xacobeas
O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que o vindeiro domingo 22, Día Europeo sen Coches, dende a área de Mobilidade se fará unha demostración da futura peonalización da Mosqueira, cortándose ao tráfico esta zona, usándose a praza para realizar actividades para as nenas e nenos da cidade.
Esta áreal inclúe estacións de ferrocarril e autobús, unha gran praza cuberta, aparcadoiro subterráneo, un paso inferior de conexiòn para a cidade e outras actuacións urbanas.
O contrato de servizos foi adxudicado á UTE formada polas empresas INES ENXEÑEIROS CONSULTORES e L35 ARQUITECTOS por 770.745,56, e prazo de execución de 15 meses.
90 axentes do sector agrogandeiro participaron en Forcarei na primeira xornada Primare Demo-Days, na que se abordaron as oportunidades e os retos do proxecto piloto de innovación Primare Inspeccións Intelixentes Avanzadas da Xunta para automatizar os controis en campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC).
O obxectivo do Club de Ciencia é estimular o espírito científico entre o alumnado galego ao tempo que impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico. Para iso, funciona como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado.